Xosé Manuel Olveira "Pico"

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Manuel Olveira "Pico"
Xosé Manuel Olveira.JPG
Xosé Manuel Olveira
Nacemento Xosé Manuel Olveira Gallardo
1955 (56 anos)
Creo, Esteiro - Muros (provincia da Coruña) Flag of Galicia.svg Galicia
Profesión actor
Ficha na IMDb

Xosé Manuel Olveira "Pico" Gallardo, nado en Creo (Esteiro, Muros) o 7 de setembro de 1955, é un actor galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Coñecido para o gran público galego polas súas intervencións en series coma Mareas vivas ou Pratos combinados, na actualidade colabora noutra produción televisiva de éxito como é Padre Casares.

Ten participado así mesmo en multitude de espectáculos teatrais, máis de trinta desde que debutara en 1972. En 2009 participou en Aeroplanos, da compañía Lagarta Lagarta, xunto a Ernesto Chao e baixo a dirección de Rosa Álvarez. En 2011 participou na obra O florido pénsil.

En cine cabe salientar a súa colaboración en títulos tan importantes coma Mar adentro (2004) ou Os xirasois cegos (2004), así coma noutras producións galegas de éxito coma Blanca Madison (1998), A vida que che espera (2004), O ano da carracha (2004) ou Máis ca irmáns (2005).

O seu recoñecemento máis recente é o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina de reparto por Os mortos van á présa (2009). Tamén obtivo dous premios María Casares ao mellor actor protagonista nas producións Si o vello Sinbad volvese ás illas... (2000) e Binomio de Newton (2003).

No verán do ano 2010 entregou o premio "o máis teatreiro" na honra do coñecidísimo mestre Xosé Agrelo Hermo, no Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, o seu pobo natal.

[editar] Películas

[editar] Curtametraxes

[editar] Televisión

[editar] Personaxes fixas

[editar] Personaxes espisódicos

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas