Jorge Coira

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Jorge Coira é un director de cine e guionista galego nacido en Rábade (Lugo) en 1971.

Comezou a mediados dos anos 90 facendo curtametraxes nas que contou coa participación de actores como Luis Tosar, Isabel Blanco, María Bouzas, María Pujalte, Manuel Olveira "Pico" ou o dúo Mofa e Befa.

En 2002 filma a súa primeira longametraxe, unha TV-movie chamado Entre bateas, un drama protagonizada por Miguel de Lira. O seu seguinte proxecto cinematográfico sería a película O ano da carracha, unha produción na que contou cun reparto con multitude de actores galegos e tamén do panorama nacional.

En televisión traballou en varios proxectos da Televisión de Galicia: series de ficción como Terra de Miranda, As leis de Celavella ou documentais como Vida nas mareas ou Chunda Chunda entre outros.

Como actor participou na curtametraxe Antonio, Jorge y Luís (1998), de Beatriz Santana e Miguel Asensio, xunto con Luis Tosar e Antonio Pereira.

Índice

[editar] Filmografía

[editar] Curtametraxes

[editar] Longametraxes

[editar] Premios

  • Premio “A Coruña... de cine” 1994 concedido polo Concello da Coruña ó mellor guión por Gran Liquidación.
  • Premio do FEstival Internacional de Cine de Ourese á mellor curtametraxe por O matachín.
  • Premio Velvet por O matachín.
  • Premio do público na III Mostra de Curtmetratges de Vilafranca (1998).
  • Premio AGAPI 2000 ó mellor documental por Chunda Chunda.
  • Premio Mestre Mateo 2004 á mellor dirección por O ano da carracha.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais