Mela Casal
Mela Casal, nada en Boqueixón en 1948, é unha actriz galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
Fíxose popular para os espectadores galegos polo seu papel da alcaldesa de Portozás, Celia Rei, na serie Mareas vivas e posteriormente foi unha das protagonistas doutras seire de ficción de éxito da TVG, A vida por diante, emitida entre xaneiro de 2006 e decembro de 2007.
En televisión ten colaborado ademais noutras producións como Nada es para siempre (Antena 3), sen esquecer o seu papel de Socorrito en Luar. As súas incursións en cine non son moi numerosas, aínda que cabe destacar a súa participación en títulos como Sei quen es, de Patricia Ferreira, en 2000, O lapis do carpinteiro de Antón Reixa en 2003 e O ano da carracha, de Jorge Coira, en 2004, así como varias curtametraxes.
Nos últimos anos participou en producións galegas coma a película Pradolongo (2008) ou o telefilme O clube da calceta (2009).
Estivo nominada ó Premio Mestre Mateo á mellor actriz protagonista en 2008 pola súa interpretación de Sofía en A vida por diante. Tamén conta cunha grande experiencia teatral.
[editar] Cine
- Martes de carnaval (1991), de Fernando Bauluz e Pedro Carvajal.
- Huidos (1993), de Sancho Gracia.
- O párroco embaucado (1994), de José Carlos Soler (curtametraxe)
- Contos de Alentraia: Tornabón (1994), de Jorge Coira e José Carlos Soler. Como Meiga.
- A metade da vida (1994), de Raúl Veiga.
- A todo tren (1995), de Liida Mosquera (curtametraxe).
- Cando volvas ó meu lado (1999), de Gracia Querejeta. Como Clienta.
- Sei quen es (2001), de Patricia Ferreira. Como Encargada hemeoteca.
- Inútil (2001), de Paco Rañal.
- O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. Como Lavandeiro.
- O ano da carracha (2004), de Jorge Coira. Como Nai de Fran.
- Voarei lonxe (2005), de Belén Vidal (curtametraxe).
- Adeus edrada? (2005), de Rubén Riós.
- Pradolongo (2008), de Ignacio Vilar. Como Maruxa.
- Conexão (2009), de Leonel Vieira.
- O club da calceta (2009), de Antón Dobao.
[editar] Televisión
- Unha de romanos (1989), de Suso Montero.
- Luar (1992). Como Socorrito.
- Nada es para siempre (1999-2000), de Emilio McGregor e outros. Como Profesora Chacón.
- Mareas vivas (1998-2001), de Antón Reixa e Eduardo McGregor. Como Alcaldesa Celia Rei.
- A vida por diante (2006-2007), de Carlos Sedes. ComoSofía Fornas.
[editar] Teatro
- Estima (2003), da compañía Pífano.