Congreso celta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As nacións celtas que conservan na actualidade linguas celtas, e recoñecidas pola Celtic League:[1]      Escocia      Irlanda      Illa de Man      País de Gales      Cornualla      Bretaña

O Congreso Internacional Celta é unha organización cultural cuxo obxectivo é promocionar as linguas célticas faladas nas nacións de Irlanda, Escocia, Gales, Bretaña, Cornualla e na Illa de Man. Non se trata dunha organización política, senón cultural, xa que o seu propósito é "... perpetuar a cultura, os ideais e a lingua dos pobos celtas, e manter un contacto intelectual e forte cooperación entre as respectivas comunidades celtas". O Congreso celta non debe ser confundido con outra organización semellante, a Liga Céltica, que trata asuntos políticos.

Cada ano celébrase un Congreso Internacional Celta nunha das nacións celtas, cuxa localización decídese en quendas previamente acordadas. O congreso do ano 2014 celebrouse na cidade galesa de Cardiff.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.celticleague.net/ The Celtic League is an inter Celtic organisation that campaigns for the political, language, cultural and social rights of the Celtic nations... We have branches in the six Celtic countries of Alba (Scotland), Breizh (Brittany), Cymru (Wales), Éire (Ireland), Kernow (Cornwall), Mannin (Isle of Man), territorial branches in England, the USA and in Patagonia and an international branch.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]