Oestrimnios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os oestrimnios eran un pobo que, segundo Avieno, constituía a poboación indíxena do occidente peninsular á chegada dos saefes.

Os oestremnios son presentados coma o primeiro pobo nativo coñecido de Portugal. Oestremni significaría <pobo do> extremo occidente. O seu territorio extendíase dende Galicia ata o Algarve.

A primeira invasión, segundo a tradicional teoría das invasións, documentada ocorreu moito antes do nacemento de Cristo, cando os ofis e outras tribos irromperon na Península Ibérica e colonizaron as terras fértiles dos oestremnios, en torno ós ríos Douro e Texo.

Florentino López Cuevillas preséntaos, na súa obra Os Oestrimnios e os Saefes e a Ofilatría na Galiza, como o substrato autóctono frente aos invasores célticos, os saefes. Estas teorías están baseadas na historiografía romana e hoxe en día foron case totalmente abandonadas.