Portus Cale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Portus Cale na actualidade: Porto en primeiro plano e Gaia no fondo

Portus Cale era o nome dunha cidade da Gallaecia romana que se corresponde coa actual cidade portuguesa de Porto.

Do seu nome provén o do actual Portugal, pois durante a Alta Idade Media o norte luso, foi tamén denominado como condado de Portu Cale, para diferencialo do condado de Galiza. A denominación histórica para o territorio cuberto por ambos era o de Galiza, herdando o nome da Gallaecia romana.

Cale e Gaia[editar | editar a fonte]

Mentres a primeira parte do sintagma (Portus) se continúa no nome do actual Porto, na orela dereita do Douro, o de segundo está continuado polo de Gaia, a localidade sita en fronte de Porto, na beira esquerda do mesmo río, oficialmente denominada Vila Nova de Gaia.

Cale e Galiza[editar | editar a fonte]

A raíz do nome Cale, é, posibelmente, a mesma que se contén no nome dos kallaikoí ou galaicos. Mesmo se ten defendido que en orixe os galaicos serían un pobo localizado nos arredores da foz do Douro, que acabou por estender o seu nome ao conxunto de populi sitos ao Norte dos lusitanos. Aínda que non deixa de ser unha hipótese verosímil, en apoio cítanse casos similares. O nome do que nós chamamos Alemaña é en realidade a extensión da designación dunha tribo, os alamáns, a un conxunto de pobos xermanos. Grecia, nome romano para designar a Hélade, é outro caso semellante.