Catubodua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Catubodua (protocelta Katubodwā, "corvo de batalla") é o nome dunha deusa celta da guerra da que se ten coñecemento por unha inscrición atopada no departamento francés de Alta Savoia, no leste de Francia que di ATHVBODVAE AVG SERVILIA TERENTIA S L M [1][2] e por outras tres inscricións relacionadas, atopadas en Austria e Eslovenia.

Semella que o seu culto é idéntico ó da deusa da mitoloxía irlandesa Badb Catha. Nicole Jufer e Thierry Luginbühl relacionaron Catubodua con outras deusas marciais como Boudina, Bodua e Boudiga, cuxos nomes comparten a mesma raíz, que significa 'liorta, combate' ou 'vitoria'.[3] Pode compararse á Vitoria romana, á Nike grega e coa Sigyn nórdica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. [2]
  3. Jufer, N. and T. Luginbühl (2001). Répertoire des dieux gaulois. Paris, Editions Errance.