Conventus cluniensis
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O conventus cluniensis ou convento clunense, foi unha entidade administrativa romana sita no Norte-Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Clunia (preto da actual Coruña del Conde), a cidade máis importante do convento e que rexía economica e administrativamente todo o territorio.
Tiña como lindes occidentais e Sil polo sur a fronteira natural do Sistema Central lindando coas provincias da Lusitania e Cartaxinense, polo norte a propia liña costeira cantábrica desde o río Sella ata o interior do territorio actual País Vasco. Polo leste o río Esla, lindando co veciño Conventus asturicensis, e polo oeste chegando ata a actual provincia de Soria, preto da Rioxa e Navarra, nas estribacións do Sistema Ibérico onde lindaba co Conventus cesaraugustanus.
Desde o século I, pertenceu á provincia de Tarraco ou tarraconensis, integrandose finalmente na provincia da Gallaecia darredor do século III-IV ata a disolución do Imperio Romano de Occidente. Nel convivían numerosos pobos como os cantabri, varduli, autrigoni, turmodigi, vaccei, beroni e celtiberi, introducindose posteriormente poboacións vascas nos límites orientais deste convento xurídico.