Tarraconense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A provincia dentro do Imperio Romano.

A Tarraconense (do latín Hispania Citerior Tarraconensis) foi unha provincia romana e despois visigoda de Hispania. A súa capital era a Colonia Iulia Urbs Triumphalis Tarraco, actual Tarragona.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A provincia Hispania Citerior Tarraconensis, no seu momento de maior extensión, abarcaba unhas dúas terceiras partes da Península Ibérica, e comprendía as rexións ao norte e ao sur do Ebro, desde os Pireneos ao norte ata Sagunt ao sur, o val do Douro, excepto a zona da súa beira meridional entre o Tormes e a súa desembocadura en Cale (Porto, Portugal), os vales do Texo e do Guadiana ata os límites coa Lusitania, e o extremo oriental de Andalucía, ao leste da fronteira da Baetica que discorría desde Cástulo (Linares), pasando por Acci (Guadix) ata a Baía de Almería,[1] quedando estas zonas (que durante varios anos pertenceron á Baetica) en territorio tarraconense; ao leste limitaba co mare Nostrum -mar Mediterráneo-, e ao oeste co océano Atlántico e ao Norte co Cantábrico e a cordilleira dos Pireneos, que a separaba do sur da Galia, é dicir, das provincias romanas de Aquitania e Galia Narbonense.

Cunha extensión aproximada de 380.000 km² e unha poboación estimada en 3 ó 3,5 millóns de habitantes (cunha densidade media de 8 ó 9 hab/km²), a Tarraconense foi probablemente, na época da súa creación, a maior provincia do Imperio.[2]

Da Tarraconensis, foron escindidas posteriormente Gallaecia e Carthaginensis, ambas por Diocleciano a finais do século III, e a finais do século IV a Balearica da Carthaginensis, sendo transformadas en provincias independentes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://revistas.ucm.es/ghi/02130181/articulos/GERI0707230391A.PDF
  2. Datos procedentes de: K. J. Beloch, La popolazione del mondo greco-romano. Con appendici, Arnaldo Forni Editore, Reimpresión anastática de la edición de 1909, Bologna, 1977, pp 401-402, ISBN 88-271-8103-2,9788827181034