Lingua gálata
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Gálata | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Galatia (Asia Menor) | |
| Extinción: | Século IV | |
| Familia: | Indoeuropea Céltica Continental Gálata |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | --- | |
| ISO 639-3: | xga | |
O gálata é unha lingua morta celta falada antigamente en Galatia, en Anatolia (actual Turquía) ata o século IV.
Da lingua so se conservan algunhas glosas e breves comentarios de escritores clásicos ademais de un pequeno número de inscricións. Todo xunto suman unhas 120 palabras, a maioría nomes de persoa terminados en -riks (galo -rix/-reix, antigo irlandés ri, latín rex) "rei", algúns terminados en -marus, dativo -mari (galo -maros, antigo irlandés mor, galés mawr) "grande", nomes de tribos como Ambitouti (antigo irlandés imm- "ao redor", antigo irlandés túath "tribo") e palabras como drunaimeton "lugar da asemblea" (antigo irlandés drui "druída", antigo irlandés nemed "lugar sagrado").
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Philip Freeman: The Galatian Language A Comprehensive Survey of the Language of the Ancient Celts in Greco-Roman Asia Minor, ISBN 0-7734-7480-3
|
||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||