Luxovius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Luxovios, latinizado como Luxovius é un deus celta das augas de Luxeuil, adorado na antiga Galia. É o consorte de Bricta. No santuario de auga termal de Lexeuil atopáronse evidencias da súa adoración con outras deidades, incluído o xinete do ceo que porta un disco solar, e Sirona, unha deusa asociada coas fontes.

Inscricións[editar | editar a fonte]

Luxovius aparece en dúas inscricións, ámbalas dúas de Luxeuil-les-Bains :

[Lus]soio / et Brictae / Divixti/us Cons/tans / v(otum) s(olvit) <l=T>(ibens) m(erito)

"A Lusso(v)ios e Bricta, Divixtius Constans libre e merecidamente cumpriu o seu voto." (CIL 13, 05425)

Luxovio / et Brixtae / G(aius) Iul(ius) Fir/manus / v(otum) s(olvit) l(ibens) m(erito)

"A Luxovios e Brixta, Gaius Julius Firmans libre e merecidamente cumpriu o seu voto." (AE 1951, 00231; CIL 13, 05426)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Année Epigraphique volume 1951
  • Corpus Inscriptionum Latinarum (CIL), volume 13, Tres Galliae
  • Dictionary of Celtic Myth and Legend. Miranda Green. Thames and Hudson Ltd. London. 1997