Invasión celta dos Balcáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A cabeza dun gálata, representada nun tracio de ouro, século -III.

Grupos de galos, provenientes de varias tribos da Cultura de La Tène, comezaron migrar con dirección sur-leste cara a Península dos Balcáns, a partir do século -IV. Aínda que os asentamentos celtas concentráronse na metade occidental da Chaira panónica, houbo incursións e asentamentos notables dentro da península balcánica.

A partir das súas novas bases no norte de Iliria e Pannonia, as invasións galas culminaron no século -III coa invasión de Grecia. A invasión de Grecia no ano -279 foi precedida por unha serie de campañas militares dirixidas cara o sur dos Balcáns e contra o Reino de Macedonia, favorecido polo estado de confusión que se seguiu a partir da complexa sucesión de Alexandre o Grande. Unha parte da invasión cruzou Anatolia e acabaron por instalarse na zona que despois veu a ser chamada Galacia.

Asentamento no sueste de Europa[editar | editar a fonte]

Dende o século -IV, grupos de celtas entraron na rexión dos Cárpatos e da chaira do Danubio, coincidindo coa migración á península itálica. Os Boios e os Volcae foron dúas grandes confederacións célticas que xeralmente cooperaron nas súas campañas. Grupos disidentes marcharon cara o sur a través de dúas vías principais: unha seguindo o río Danubio e outra cara o leste de Italia. Segundo as lendas 300.000 celtas trasladáronse cara Italia e Iliria.[1] No século -III, os habitantes nativos de Pannonia foron case completamente celtizados.[2] Restos da cultura de La Téne foron atopados amplamente Pannonia, pero os que se atoparon atópase cara o oeste, alén do río Tisza e cara o sur, alén do río Sava son moi escasos.[2] Estes achados son considerados como produtos pola cultura local Norica-Pannonia, unha variación da cultura celta. As fértiles terras arredor dos ríos de Pannonian permitiron ós celtas establecerse de forma doada, desenvolver a súa agricultura e cerámica, e ó mesmo tempo explorar as ricas minas da Eslovenia moderna. Así, semella que os celtas crearon unha nova patria para si no sueste de Europa, concentrada nunha rexión que se estendía dende Viena ata o río Tisza.

Primeiras expedicións[editar | editar a fonte]

A situación política do norte dos Balcáns era un fluxo constante, con varias tribos dominantes que gobernaban sobre os seus veciños. Esas tribos realizaban expedicións militares, e eran "unha clase guerreira emprendedor e móbil capaz, de cando en vez, de conquistar grandes áreas e explotar a súa poboación"[3][1]. A situación política nos Balcáns durante o século -IV xogou a favor dos celtas. Os ilirios foran guerrear contra os gregos, deixando o seu franco occidental feble. Mentres Alexandre o Grande dominaba Grecia, os celtas non se atreveron atacar a zona sur preto de Grecia. Polo tanto, as primeiras expedicións celtas estaban concentradas contra tribos de Iliria.[4]

A primeira tribo balcánica en ser derrotada polos celtas foi a tribo Autariatae, que durante o século -IV gozaran dunha hexemonía sobre gran parte dos Balcáns centrais, centrados no val do río Morava.[2] Unha parte das tácticas celtas foi revelada nos seus ataques contra a Ardiaei.

No -335, os celtas enviaron representantes para render homenaxe a Alexandre o Grande, mentres os macedonios estaban metidos nunha guerra contra os tracios na fronteira norte. Algúns historiadores suxiren que este acto diplomático foi en realidade unha avaliación do poder militar macedonio.[5] Despois da morte de Alexandre, os exércitos celtas comezaron a invadir as rexións do sur, ameazando o reino grego de Macedonia e o resto de Grecia. No -310, o xeneral celta Molistomos atacou fondamente o territorio ilirio, sometendo ós dardanios, ós peonios e ós tribalios. O novo rei macedonio Casandro sentiuse obrigado a tomar ós seus vellos inimigos ilirios baixo a súa protección.[5] No -298, os celtas intentaron un ataque contra Tracia e Macedonia, onde sufriron unha dura derrota preto de Haemus Mons a mans de Casandro. Con todo, outro grupo de celtas liderado polo xeneral Cambaules marcharon sobre a Tracia, para capturar grandes áreas.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. From: The Celts. A history. Daithi O Hogain. Boydell Press. ISBN 0 -85115-923-0
  2. 2,0 2,1 2,2 Pannonia and Upper Moesia. A History of the Middle Danube Provinces of the Roman Empire. A Mocsy, S Frere
  3. Pannonia and upper Moesia. A History of the Middle Danube Provinces of the Roman Empire. A Moczy, S Frere
  4. The Illyrians. A Stipcevic. Noyes Press. pg 44
  5. 5,0 5,1 Stipcevic
  6. The Celts

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]