Caetra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caetra
editar datos en Wikidata ]
Torso fragmentario dunha estatua de guerreiro castrexo con caetra. Museo provincial de Ourense.

Caetra era o nome do escudo empregado polos guerreiros iberos e celtas. A caetra era de forma circular duns 40 a 90 cm de diámetro. Suxeitábase ao corpo do guerreiro cunhas cordas ou tiras de coiro, que pasaban polo ombro e que daban gran mobilidade para combater tanto a pé como a cabalo. As formas e decoracións do escudo tiñan variacións e acabados na súa protección metálica, madeira ou coiro[1].

Os galaicos fan a súa entrada na historia escrita no século I d.C na épica Púnica de Silio Itálico sobre a Primeira Guerra Púnica dun xeito que aínda hoxe nos é familiar, dous mil anos despois:

Fibrarum et pennae diuinarumque sagacem
flammarum misit dives Callaecia pubem,
barbara nunc patriis ululantem carmina linguis,
nunc pedis alterno percussa verbere terra,
ad numerum resonas gaudentem plaudere caetras
Libro III. 344-347

A rica Gallaecia envía a súa mocidade
coñecedora da adiviñación polas entrañas das bestas
polo voo das aves e polas chamas divinas
a cal ou ben berraba bárbaros cánticos nas súas linguas patrias ou ben
tras golpearen a terra con golpes alternos de pé
se aledaba en bater os sonoros caetras ritmicamente.

Descrición[editar | editar a fonte]

Castrexos con caetra no Arde Lucus.

O escudo indíxena amósase nas estatuas de guerreiros galaicos, coma os de Lesenho (Boticas) ou no castro de Armeá (Allariz)[2].

Caetra

Asidoiro de caetra.
Descrición Forma Circular
Medidas de 40 a 90 cm
Peso de 4 a 5 kg
Materiais Madeira, metal e coiro
Espesor 15–20 mm no centro
10–12 mm no bordo
Decoración Círculos concéntricos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Caetra. Arte Historia". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2014. Consultado o 02 de abril de 2013. 
  2. A mensaxe da moeda da caetra. Manuel Gago