Brácaros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fonte do Ídolo, en Braga.

Os brácaros ou bracari foron un pobo prerromano de cultura castrexa da Gallaecia que habitaba no noroeste do actual Portugal, entre os río Tâmega e Cávado. A extensión do seu territorio chegaría até o río Douro e acadaría a costa. No seu territorio, por volta do ano -16 construíuse a capital do convento xurídico bracarense, Bracara Augusta.

Seguindo a inscrición epigráfica da Fonte do Ídolo adicada á deusa Nabia e ó deus Tongoenabiagus no nome da cidade de Tongobriga (en Marco de Canaveses), este pobo falaría unha lingua celta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Coutinhas, José Manuel (2006), Aproximação à identidade etno-cultural dos Callaici Bracari, Porto.
  • Queiroga, Francisco (1992), War and Castros, Oxford.
  • Silva, Armando Coelho Ferreira da (1986), A Cultura Castreja no Noroeste de Portugal, Porto.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]