Intarabus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de bronce de Intarabus de Foy-Noville, no Musée archéologique d'Arlon.

Intarabus é un deus celta do panteón dos tréveros e algúns pobos veciños. O seu nome é coñecido por nove inscricións dunha área relativamente compacta no que hoxe é Bélxica, Luxemburgo, oeste de Alemaña e o leste de Francia.[1] Puido ter sido a deidade titular dunha das tres pagi (subdivisións) dos tréveros.[2] En moitos casos, Intarabus é invocado só, sen ningunha síntese cunha deidade romana. Porén, nunha das inscricións aparece como Marte Intarabus.[3][4] Noutra inscrición de Mackwiller, en Alsacia, Intarabus ten o epíteto de Narius.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nicole Jufer & Thierry Luginbühl (2001). Les dieux gaulois : répertoire des noms de divinités celtiques connus par l'épigraphie, les textes antiques et la toponymie. Paris: Editions Errance. ISBN 2-87772-200-7. (en francés)
  2. Ton Derks (1998). Gods, Temples and Ritual Practices: The Transformation of Religious Ideas and Values in Roman Gaul. Amsterdam University Press. ISBN 978-90-5356-254-3. p.199.
  3. CIL 13, 03653
  4. Joan Carbonell Manils and H. Gimeno Pascual. "Un fanum in Turgalium". p.15. In Faventia 27/2, 2005. (en castelán)
  5. AE 1957, 0155b