Anvallus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un dos dous altares en latín dedicados a Anvallus. A inscrición[1] pode interpretarse como "Consagrado a Augustus, ó deus Anvallus, Norbaneius Thallus o gutuater [libre e merecidamente cumpriu a súa promesa]".

Anvallus foi un deus celta, coñecido polas numerosas inscricións en Augustodunum (Autun). Dúas das inscricións están en latín, e aparecen en altares que foron dedicados por gutuatres en cumprimento dos seus botos; ámbalas dúas comezan coa fórmula Aug(usto) sacr(um).[1][2] O título gutuater é entendido baixo o significado de 'sacerdote';[3] os gutuatres son considerados como continuacións romanizadas dos druídas.[4] Eses dous altares foron descubertos en 1900 na estación de tren de Autun, xunto cun casco grego que probablemente foi deixado alí como unha ofrenda.[5]

O terceiro texto que menciona un nome semellante a Anvallus foi un texto en galo:[6]

LICNOS · CON
TEXTOS · IEVRV
ANVALONNACV ·
CANECOSEDLON ·[7][6]

O nome do deus foi analizado como unha composición de an-ualos, tendo a segunda raíz o significado de 'soberano' ou 'príncipe', e a primeira 'sen' ou 'non'.[8] O nome pode entenderse como 'sen soberano' ou 'inferior a ninguén'.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 CIL XIII:11225.
  2. CIL XIII:11226.
  3. Xavier Delamarre (2003). Dictionnaire de la langue gauloise. Errance, Paris, p184.
  4. Monique Clavel-Lévêque (1989). Puzzle Gaulois: les Gaules en mémoire : images, textes, histoire, Volume 396. Presses universitaires de Franche-Comté, p423.
  5. J.-G. Bulliot (1901). "Découverte de deux inscriptions romaines et d'un casque votif à Autun." Bulletin monumental. Consultado de Gallica o 3 de xuño de 2011.
  6. 6,0 6,1 "Inscriptions gauloises : Le cartouche d'Autun". Encyclopédie de l'Arbre Celtique. http://encyclopedie.arbre-celtique.com/cartouche-d-autun-4228.htm. Consultado o 3 de xuño de 2011. 
  7. CIL XIII:2733.
  8. Xavier Delamarre (2003). Dictionnaire de la langue gauloise. Errance, Paris, pp43, 305.