Galicia na Idade Contemporánea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia de Galicia
Prehistoria
O megalitismo
Idade do Bronce
Idade do Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período alto-medieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
A Ilustración galega
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra Civil Española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do reino de Galicia


Galiza viviu desde o inicio da Idade Contemporánea, que abrangue os séculos XIX e XX, en permanente estado de atraso económico, cunha leve recuperación no último terzo do século XX. Cun modelo de crecemento continuado -aínda que baixo- as posibilidades económicas non permitían absorber este incremento da poboación, provocando así un forte movemento migratorio que se converteu en endémico a partir de mediados do XIX.

Século XIX[editar | editar a fonte]

Poboación[editar | editar a fonte]

Máis do 20% dos galegos emigraron (taxa bruta de emigración en 1910 en España)

Durante estes dous séculos acentuouse o traslado da poboación do interior cara a fachada atlántica. O primeiro grande movemento migratorio, durante a segunda metade do XIX, foi de carácter definitivo, preferentemente masculino e tiña como destino América do Sur. Durante o primeiro terzo do século XX incorporouse a muller, aumentou o número de emigrantes da Galiza interior e comezáronse a dar máis casos de retornados ("indianos"). Logo do paréntese dos anos 30 e 40 do século, outro éxodo masivo tomou a dirección de América, Europa (Suíza e Alemaña) e España (Cataluña, Euskadi e Madrid).

Economía[editar | editar a fonte]

As estruturas forais do Antigo Réxime perpetuáronse durante o século XIX (incluíndo ata o 90% da superficie produtiva); non mudaron nin os cultivos nin as técnicas nin houbo mecanización; acentuouse un minifundismo, situación que non comezou a se resolver ata as concentracións parcelarias de fins do XX. A rede ferroviaria foi construída moi serodiamente.

A modernización comezou coa crise agraria de fins do XIX. Redimíronse os foros nas primeiras tres décadas do XX, convertendo aos campesiños en propietarios. Neste momento tiveron importancia os movementos agraristas. A partir de entón eliminouse definitivamente o cultivo de barbeito, comezáronse a usar produtos químicos, creáronse prados artificiais e introduciuse maquinaria. Na segunda metade do século produciuse unha especialización agraria, acompañada de motorización, e industrializáronse algúns sectores a partir de fórmulas cooperativas.

A relativa prosperidade da banca, de carácter fundamentalmente local, estaba ligada ás remesas dos emigrantes e á dispersión da poboación. A industria conserveira consolidouse a fins do XIX da man dos avances na construción naval, e especialmente a partir dos anos 60 do século XX. A industria hidroeléctrica conseguiu grandes beneficios a partir dos anos 40. Instaláronse industrias como ENCE, Endesa ou a Citroën de Vigo que aproveitan materias primas e man de obra.

A fidalguía decimonónica opúxose ás reformas liberais e apoiou movementos retardatarios como o Carlismo, o que non impediu que esmorecese xa a comezos do XX. A burguesía, de orixe industrial, financeira e agraria, non tivo relevancia ata a segunda metade do XX. Coa consolidación do estado liberal español, o centralismo provocou unha reacción galeguista a partir de mediados do XIX de cariz culturalista e conservador nun principio mais que se foi facendo cada ve

Século XX[editar | editar a fonte]

A Nosa Terra foi o voceiro de Solidaridad Gallega, un partido político agrarista

No século XX distínguense tres períodos::

  • Un primeiro terzo no que se frustraron as tentativas modernizadoras
  • Un segundo terzo de regresión durante o autarquismo franquista
  • Unha modernización lenta a partir de 1960

Galiza caeu rapidamente en mans dos militares sublevados con Franco. O Estatuto de Autonomía de 1981 foi recibido con indiferenza. O período de goberno autonómico ata hoxe resúmese a nivel político nunha década de limitada actividade, un axitado bienio de coalición e década e media de maiorías absolutas de Manuel Fraga Iribarne.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández Prieto, Lourenzo (Ed.) (2000). Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea. ISBN 84-8302-560-4. 
  • Magariños, Alfonso (2003). A demografía na Galicia contemporánea. 1900-1936. ISBN 84-95622-97-1. 
  • Meixome Quinteiro, Carlos (1999). Textos e documentos para a Historia Contemporánea de Galicia. (Século XX). ISBN 84-8289-090-5. 
  • Varios (2008). Migracións na Galicia contemporánea. Desafíos para a sociedade actual. ISBN 978-84-7824-541-3.