Berobreo
| Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de Artigos con problemas e de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado (se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico). (Desde decembro de 2011.) |
| Este artigo precisa dunha revisión ortográfica (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Pode axudarse do revisor ortográfico, activándoo en: As miñas preferencias → Trebellos → Navegación → Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Berobreo é o nome dun deus galaico relacionado co alén e a morte; totalmente descoñecido pola historiografía tanto na Península como fora dela ate a ultima década do século XX, a epigrafía atopada no monte Facho de Donón (a 157 metros sobre o nivel do mar) fálanos dunha divindade á que se acode en busca de saúde, que durante a dominación romana foi encadrado entre os deuses Lares, deus que recibe adoración por parte dunha familia, pero Berobreo é un LAR público, este deus rexistra ata o de agora o maior número de exvotos da Península Ibérica (174 aras algunhas de apenas medio metro e outras de 1,70 m) que conformarian un pequeno monte de aras no alto do monte, residencia do deus, polo que se asocia a esta divindade cos deuses da primeira función dumeziliana, un deus uraniano, do ceo.
Índice |
[editar] O santuario do deus Berobreo
O santuario de Berobreo atópase nunha área en pendente que circunda a cumbre do monte Facho (moitos montes galegos levan estes nomes, como o Faro de Avión en Ourense). As primeiras mostras de habitación humana remóntanse ao Bronce final, sobre do cal atopouse un castro datado na segunda Idade do Ferro(erguido no século IV A.C.) que foi abandoado sobre o cambio de Era, para logo, a finais do século II D.C., o seu espacio central(a croa) revitalizouse, ou fundouse de novo.
Este santuario do século II d. c.consistía nun edificio central ovalado e unha gran cantidade de aras votivas rodeándoo; este edificio central tiña o tellado de palla e paredes revocadas, por dentro e por fora de barro, ao tempo que varias casas antigas foron derribadas para gañar espacio para o santuario. Na parte Sur da área central atópase un lacus (pía excavada na rocha) que os arqueólogos non saben aínda se pertencía ó santuario castrexo ou ao galaicoromano.
As 174 aras atopadas no lugar pertencen ó Século II D.C.[1](pero descoñecese si o deus era recente ou vivía unha revitalización, xa que o lugar fora un santuario anteriormente) atopándose algunhas in situ e outras monte abaixo, os fieis de Berobreo puxeron baixo delas algunhas ofrendas rituais, xa que se atoparon cachos de vidro e ánforas baixo delas, mentres outras foron rotas de forma intencional e ritual. Todo o conxunto das aras dan unha impresión dunha selva de ara que irradian do santuario, case todas están feitas coa pedra granítica do mesmo monte, toscamente granulado e difícil de traballar(debido á mezcla de gneis e mica)de feito suponse que existía un taller de aras na inmediación do santuario debido a que se atoparon varias aras sen incripcións nin decoración, listas para ser traballadas unha segunda vez cos nomes dos dedicantes e os motivos decorativos que os clientes elexirían.
As aras seguen un esquema común romano clásico, a pesar de que algunhas son diferentes (altura, grosor, anchura, decoración), están todas escritas por diante e os laterais e as partes traseiras son as menos traballadas (xa que o conxunto de aras irradia dun centro) existindo diferentes tipos de ubicación, xa que algunhas conteñen un altar e outras semellan ser agrupacións de varios altares (como os panteóns), o texto que máis é usado nelas é o de : "DEO LARI BREOBREO ARAM POSVI" e algunhas sigue co afórmula :"PRO SALVTE".[2]
Estas dedicatorias, excepto dúas, son anónimas e únicas, barállase a represetación dunha "gentilitate" a o longo de varias xeracións; chama a atención que no lugar non apareza ningún outro deus, polo que se sospeita que Berobreo era un Lar familiar, unha divindade dunha comunidade galaicorromana, superficialmente romanizada, para esta entoidade social un deus LAR é a próxima autoridade relixiosa sen competencia; pero a diferencia do LAR romano éste non aparece no larario(no interior dunha casa) senón que se atopa nun lugar público onde se venera a un único lar común á colectividade [3]
A gran afluencia de peregrinos ó Facho coincide cunha época de esplendor económico nas Rías Baixas baixo o Imperio Romano, xa que está en auxe o comercio por mar, as salazóns (Cangas, Bueu, Vigo),as salinas de Nerga, do Areal vigués, do Salnés... saen deste finisterre sagrado cara as restantes partes do Imperio. O Hío era o lugar de peregrinación ó estilo de Santa Marta (As Neves) ou A Pobra, con ataúdes e enfermos de todo tipo procedentes de distintos lugares do sur de Galicia polos anos trinta do séxulo XX. Todo indica que o culto a Berobreo, tras sufrir un proceso de cristianización, foi absorbido por San Andrés (ao igual que en Teixido).
[editar] Veneración en Galiza
O santuario adicado a Berobreo, de maior relevancia e documentado ata agora na Hispania Romana tamén é un prodixio a nivel castrexo xa que cerca do santuario se atopa un castro da Idade do Ferro II, erguido sobre un poboado da Idade do Bronce, situase no castro do Facho de Donón, na Península do Morrazo fronte as Illas Cíes, aproximadamente entre os anos 250 e 500 d.C, e onde apareceron 174 aras votivas coa inscrición en latín Deus lari Berobreo aram posuit pro salute [4], polo que se supón como un dos maiores centros de peregrinación na Gallaecia.
O gran culto a esta deidade mantívose incluso á chegada do cristianismo, que sen poder erradicalo, substituíu a este deus galaico pola figura cristiá de Santo André.
[editar] Etimoloxía nas linguas celtas
Tendo en conta que coa chegada do Imperio romano a Galiza e a asimilación linguistica co latín resulta dificil atopar o significado do termo orixinal o certo e que na lingua irlandesa "breö bréo" significa: chama, lume sagrado, colina, morro; tal como recolle o Dicionario electrónico de lingua irlandesa[5]. Todos estes significados teñen boa acollida no lugar, o santuario atopase na península do Morrazo, no Monte Facho, no cumio do monte.
[editar] Protección legal do emplazamento
A Xunta de Galicia comenzou o proceso para declarar a zoa arqueolóxica do santuario como Ben de Interese Cultural (B.I.C.) mediante Resolución do 19 de decembro de 2011, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para a declaración de ben de interese cultural, coa categoría de zona arqueolóxica, en favor do Facho de Donón, no termo municipal de Cangas (provincia de Pontevedra)[6].A zoa arqueolóxica a protexer inclúe petróglifos e asentamentos humanos, dende o século X a.C ao século V d.C, dos períodos do Bronce Final, Idade do Ferro, Época Romana e comezos da Alta Idade Media.
[editar] Notas
- ↑ Michael Koch "El Santuario dedidado a Berobreo en el Monte do Facho (Cangas, Galicia)" Actas del IX coloquio sobre lenguas y culturas paleohispánicas (Barcelona, 20-24 de octubre de 2004)), págs. 823-836
- ↑ Rodríguez Colmenero,A.(1997)"Mougás y Donón:dos santuarios rurales galaico-romanos del Litoral Atlántico" LI,pp.383-211. El Museo de Pontevedra
- ↑ "Las aras galaico-romanas del santuario de Donón(Hío,cangas)Bouza Brey,F. et alii CEG264-81
- ↑ Dicionario electrónico de lingua irlandesa, Royal Irish Academy, 1983. "breö bréo"
- ↑ Dicionario electrónico de lingua irlandesa, Royal Irish Academy, 1983. "breö bréo"
- ↑ http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120102/AnuncioCA03-221211-10197_gl.html%7CDOGA nº 1 de 2012, pax. 187.