Silio Itálico

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Silio Itálico (nome completo: Tiberius Catius Asconius Silius Italicus) foi un poeta e político romano nado o ano 26 e morto o 101.

Foi cónsul o ano 68.

É o autor das Punica, epopea en dezasete cantos e 12.000 hexámetros que narra a Segunda Guerra Púnica. Os acontecementos narrados van do xuramento de Aníbal ao triunfo de Escipión tras a batalla de Zama. O estilo desta epopea segue o modelo de Virxilio e comprende algúns xiros audaces, pero unha lingua aínda plenamente clásica pola súa claridade. A obra está chea de detalles eruditos, especialmente xeográficos.

[editar] Ver tamén

[editar] Ligazóns externas

Silius Italicus : Punica, collection Nisard [1] na páxina de Philippe Remacle

[editar] Fontes

Silius Italicus, La Guerre punique, 4 tomes. Texte établi et traduit par Pierre Miniconi, Georges Devallet, Josée Volpilhac-Lenthéric & Michel Martin. Paris: Les Belles Lettres, 2003 (2ª edición).

Ferramentas persoais