Albións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación aproximada da pobo dos Albións na provincia romana da Gallaecia.

Os albións ou albiones eran un pobo galaico da Gallaecia, comprendidos dentro do Convento xurídico lucense, que se situarían no territorio costeiro comprendido das marxes do Navia, no que na actualidade é a Asturias occidental.

[editar] Fontes e situación

Os albións aparecen citados como gentes en Plinio o Vello, 4, 20,111 e indicando que vivían ao Oeste do río Navia; Claudio Ptolomeo nomea o mesmo río como Navialbión, confirmando a situación deste grupo. A mais en Vegadeo, na desembocadura do río Eo, foi descuberta unha inscrición dedicada a Nicer, un "príncipe" dos albións (princeps Albionum), o que dá pé a pensar que podían estenderse até este último río, no que, en último extremo, se atoparían cos egovarros, outro pobo galaico.

Ó seu territorio correspondería o castro de Coaña, que probablemente foi a súa capital.

[editar] Outros

O seu nome tense posto en relación co nome celta de Inglaterra: Albión.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas