Bandua
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Bandua foi un dos principais deuses dos Lusitanos e galaicos, considerado o deus da guerra e vinculado a tradición céltica centro europea. Está encadrado polos investigadores como un deus (ou deusa) indoeuropeo da primeira función (segundo estudos de Georges Dumézil) no seu aspecto sombrío (Varuna-Ogmios-Bandua) que sería logo reinterpretado polos romanos cos deuses Lares Viales ou Lares con denominación indíxena. Estes deuses da primeira función caracterízanse por usar a "maxia dos lazos" (como a de Ogmios na "Tain Bo Cuailnge", roubo das vacas de Cooley, na segunda batalla de Mag Tured o deus Ogmios "avanza á cabeza dun grupo de homes na chaira de Meath (o Medio), este home sombrío levaba sete cadeas tirando sete veces de sete homes, é dicir unha multitude), pola cal ataban ós seus inimigos ou vinculaban máxicamente ao seus seguidores[1]. O seu culto xerou confrarías de guerreiros que vivían no monte adicados ó oficio da guerra e a caza adoptando actitudes e maneiras que reproducen aspectos da divindade ó que se vinculaban máxicamente. Estas divindades escuras vinculábanse aos camiños, polo peregrinar dos guerreiros tralo seu deus. A divindade da primeira función no seu aspecto sombrío ten connotacións "escuras" tanto no aspecto físico, como social ou relixioso: fealdade, vellez e deformidade física, que se une ao grotesco das posturas máxicas (cando Lugh encanta aos inimigos danzando arredor do seu exército cun só pé, pechando un ollo e abrindo moito o outro,típica postura para efectuar na cultura galega rural o "Mal de Ollo"). Xeralmente aparece con diferentes epítetos, Bandua aposolego, Bandua cadogus, Bandua aetobrigus, Bandua roudeacus, Bandua isibraiegus que fan referencia ao seu carácter militar. Nas fontes romanas aparece asociado con Marte. Apareceron mencións en gravados en numerosos lugares do noroeste peninisular, con menor frecuencia no resto da península, en Francia....
Unha ara dedicada a este deus atopouse no castro de San Cibrao de Las, no concello de San Amaro, ara especialmente importante xa que aportou o nome do castro, sendo deste xeito un dos poucos castros dos que coñecemos o seu nome, Lambrica, Lanobrica ou Lansbric, dependendo das diferentes lecturas que se realizaron da inscrición.
Índice |
[editar] Extensión do seu culto
A maior concentración de aras romanas adicadas a esta divindade atópase en Castelo Branco (Portugal) e Brozas,Cáceres, que conta con catro inscricións relativas a Bandua, na provincia de Ourense cinco (Eiras-San Amaro, dúas en Rairiz de Veiga, Retorta-Laza e Mixós-Verín), unha en Catoira e Palas de Rei. En Portugal, nove inscricións repartidas por Castelo Branco(Penamaor, Fundão, Covilhã (outras dúas en Bragança, dúas en Arlindo de Sousa (Aveiro), tamén en Ribeira da Pena (Vilareal), Torrao (Meda), outras dúas en Aveiro, en Portalegre, Coímbra, Évora e Alenquer (Lisboa).
[editar] Referencias
- ↑ "Las rutas sagradas de Galicia,perduración de la religión celta de la galicia Antigua en el folclore actual"Blanca Garcá Fernández-Albalat,ed Diputación de A Coruña1999