Ambisagrus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na relixión galo-romana, Ambisagrus era un deus galo louvado en Aquileia, na Gallia Cisalpina, onde foi identificado con Jupiter Optimus Maximus.[1] Ambisagrus era un deus celta da saraiba, a néboa, o vento e a chuvia.

O nome pode ser un composto do prefixo protocelta *ambi- ('arredor') e a raíz *sagro-.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. L'Arbre Celtique entry for Ambisagrus.
  2. Proto-Celtic—English lexicon. University of Wales Centre for Advanced Welsh and Celtic Studies. (See also this page for background and disclaimers.)

Bibliografía[editar | editar a fonte]