Latis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Latis é o nome de dúas divinidades celtas adoradas na Britania romana. Un é a deusa Dea Latis e o outro é o deus Deus Latis, e ámbolos dous son coñecidos por unha única inscrición.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome 'Latis' pode estar relacionado coas palabras protocelta *lati-, que significa 'licor', *lat- 'día', ou *lāto- 'luxuria'.[1]

Dea Latis[editar | editar a fonte]

A dedicación a Dea Latis foi atopada no Forte Romano Birdoswald, en Cumbria, Inglaterra, en 1873. Nela lese simplemente:

DIE LATI
"Á deusa Latis"[2]

É coñecida como unha deusa da auga e da cervexa.[3] O seu culto pode asociarse tamén co dos ríos.[4]

Deus Latis[editar | editar a fonte]

A dedicación a Deus Latis, foi atopada nunha pedra altar no Forte Romano de Aballava, Burgh-by-Sands (tamén en Cumbria):

DEO LATI LVCIVS VRSEI
"Ó deus Latis, Lucius Ursei [dedícalle isto]."[5]

A pedra altar a Deus Latis foi atopada a carón dun deus con cornos chamado Belatucadros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Centre for Advanced Welsh and Celtic Studies, Universidade de Gales. Proto-Celtic—English lexicon."
  2. Collingwood, R.G. and Wright, R.P. (1965) The Roman Inscriptions of Britain (RIB) Vol.I Inscriptions on Stone. Oxford. RIB 1897, online at www.roman-britain.org
  3. Folklore and Legend - Gods and Goddesses
  4. Dictionary of Celtic Myth and Legend, Miranda J. Green, Thames and Hudson Ltd, London, 1997
  5. Ibid. RIB 2043, online at www.roman-britain.org