Smertrios
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Smertrios ou Smertrius era un deus da guerra na Galia céltica e en Nórico.[1] No Imperio Romano foi comparado co deus Marte. O seu nome posúe a mesma raíz que a deusa Rosmerta e puido significar O provedor, máis que un nome propio.
Posiblemente foi a deidade tutelar do pobo Smertae, deus de abundancia e fecundidade, segundo a única mención histórica do xeógrafo Claudio Ptolomeo.[2]
Represéntaselle como un home musculado e barbudo enfrontado a unha serpe.
Notas [editar]
- ↑ Nicole Jufer & Thierry Luginbühl. 2001. Les dieux gaulois : répertoire deas noms de divinités celtiques connus par l'épigraphie, les textes antiques et la toponymie. Editions Errance, Paris.
- ↑ Albion island of Britannia