Calendario celta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Calendario celta é o termo usado para referirse a unha variedade de calendarios usados polos pobos celtas en diferentes épocas da historia.

Calendario celta continental[editar | editar a fonte]

Vista da reconstrución do Calendario de Coligny

O calendario celta da Europa continental mais coñecido é o calendario galo de Coligny. Descuberto en Coligny, Francia, hoxe atópase exposto no museo do pazo das artes galo-romano de Lión (entón chamada Lugdunum) a uns 77 km. de Coligny. Data do século I BCE, cando o imperio romano impuxo o uso do Calendario xuliano na provincia romana da Gallia Lugdunensis. O calendario está gravado nunha placa de bronce, hoxe fragmentada (créese que foi obxecto de rotura ritual sagrada).

O calendario de Coligny é un intento de conciliar os ciclos da lúa e o sol, considera as fases da lúa como base de cálculo, e tódolos meses comezan coa mesma fase luar.

O calendario usa unha regra matemática para manter un calendario normal de 12 meses sincronizado co ciclo luar, engadindo un mes extra cada 2 años e medio. O calendario de Coligny rexistra un ciclo de 62 meses luares de 5 años (tamén chamado gran ano celta, cando se sincronizan de novo os ciclos do sol e a lúa), dividindo cada mes en 15 días de luz (medio ciclo luar), e 15 días de escuridade (o outro medio ciclo luar).

A data do inicio do seu uso e descoñecida, a súa correspondencia cos calendarios dos celtas insulares (Eire e Bretaña) suxire que algunhas das formas lingüísticas e os cálculos implícitos poden datar de tempos proto-celtas, aproximadamente do 800 a. C.. O calendario Coligny efectúa unha complexa sincronización dos ciclos solar e luar, mantendo un alto grado de sofisticación.

Termos calendáricos nas linguas celtas[editar | editar a fonte]

Moitos calendarios e termos de cálculo de tempo actuais manteñen termos utilizados nas linguas medievais e modernas celtas. Foron tomados prestados do latín e reflicten a influencia da cultura romana e do cristianismo sobre os celtas insulares (Eire, Bretaña, Illa de Man, Cornualles). As palabras prestadas inclúen os nomes dos meses Januarius (irlandés antigo Enáir, galés Ionawr), Februarius (irlandés antigo Febre, galés Chwerfror), Martius (irlandés antigo Mart, galés Mawrth), Aprilius (irlandés antigo Apréil, galés Ebril), Maius (galés mai), Augustus (irlandés antigo Auguist, galés AWST), os nomes dos días da semana, Dies Solis (Dies Dominica,o Domingo cristián), Dies Lunae, Dies Martis, Dies Mercurii, Dies Iovis, Dies Veneris, Dies Saturnis; os termos Septimania "semana" -de sete días- (bretón Sizun, córnico seithum), Kalendae "primeiro día do mes" (irlandés antigo callann, galés Calan, bretón kala), tempore "tempo" (galés tymor), Matutina "mañá" (córnico Metin), Véspera "noite", novena "mediodía" (galés nawn) e Ora "data" (galés AWR, bretón euros) [1][2]. Un certo número de termos Celtas nativos sobreviviu á adopción do calendario romano cristián, porén:

Termo Protocéltico Galo Irlandés antigo/Irlandés medio Gaélico escocés Manx Galés Córnico Bretón
Día / período de 24 horas *latįon lat (abreviatura, Coligny) la(i)the là, latha laa
Día *diį- (sin)diu = día (hoxe) dia dia je dydd dydh deiz
Noite *nokWt-, *ad-akWi-(?) (tri)nox "(3)-noites, (decam)noct- "(10)-noites-" nocht, adaig nochd, oidhche noght, oie noeth (comp.), nos neth (comp.), nos neiz (comp.), noz
Semana (oito noites/días) *oktu-nokWt- / *oktu-diį- wythnos "8-noites" eizhteiz "8-días"
Quincena *kWenkWe-decam-nokWt- cóicthiges "15 (días)" pythefnos "15 días" pemzektez
Mes *mīss- mid mìos mee mis mis miz
Ano *bl(e)id-anī- b[l]is (abreviatura, Coligny) bliadain bliadhna blein blwydd, blwyddyn bledhen bloavezh, bloaz
Estación, Período de Tempo *ammn, *ammn-stero-, *ratio-, *pritu- amman amm, aimser, ráithe àm, aimsir imbagh, emsher amser, pryd amser amzer
Inverno *gijamo giamo- gem, gemred geamhradh geurey gaeaf gwav goañv
Primavera *ers-āko "fin(do inverno)" (alt. *uesr-āko "[tempo de]primavera"), *ues-ant-ēn-, *ro-bertiā ("torrente, inundación") earrach earrach arragh gwanwyn gwainten reverzi (Bretón antigo: renacemento)[3][4]
Verán *samo samo- sam, samrad samhradh sourey haf hav hañv
Outono *uφo-gijam-r- "cara o inverno", *kintu-gijamo "comezo do inverno", *sito-[...] fogamur foghar fouyr cynhaeaf, hydref kydnyav/kynyav, hedra, here, diskar-amzer ("estación decaida")
Maio *kintu-samVn- (V=vocal sen determinar) "comezo do verán" Cétamain Cèitean Cyntefin
Xuño *medio-samVn- (V=vocal sen determinar) "medio-verán" Mithem(on) Mehefin Metheven Mezeven

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Loth, Joseph. Les mots latins dans les langues brittoniques, E. Bouillon, 1892, p. 44 (et al.).
  2. Dicionario electrónico de lingua irlandesa, Royal Irish Academy, 1983. Online
  3. Jackson, Kenneth Hurlstone. A historical phonology of Breton, Dublin Institute for Advanced Studies, 1967, p. 296, p. 248.
  4. Hamp, Eric. "The Indo-European Roots *bher- in the Light of Celtic and Albanian", in Zeitschrift für celtische Philologie, Volume 39, 1982, pp. 205-218.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]