Nemetona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nemetona é unha deusa celta adorada no leste da Galia. Pénsase que foi a deidade epónima do pobo xermano celta dos németes; evidencias da súa veneración foron atopadas no seu antigo territorio preto do que hoxe é Tréveris, Alemaña.[1] Tamén é atestada en Bath, Inglaterra, onde se atopou un altar dedicado a ela producido por un home do pobo galo dos tréveros.[1] O seu nome é un derivado da raíz celta nemeto-, que se refire ás áreas ou lugares sagrados.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Koch, p. 1351.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jufer, Nicole; Thierry Luginbühl (2001). Editions Errance, ed. Les dieux gaulois : répertoire des noms de divinités celtiques connus par l'épigraphie, les textes antiques et la toponymie. 
  • Koch, John T. (2006). ABC-CLIO, ed. Celtic Culture: A Historical Encyclopedia.