Décimo Xunio Bruto Galaico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Décimo Xunio Bruto cruzando o "Lethes" (hoxe río Limia). Representación da Festa do Esquecemento.

Décimo Xunio Bruto Galaico (en latín: Decimus Junius M. f. M. n.[1] Brutus Gallaecus ou Callaecus ou Callaicus) foi un xeneral e político romano do século II a. C.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Operacions militares romanas no noroeste peninsular. A cor lila sinala a campaña de Décimo Xunio Bruto no ano 137 a. C.

Bruto, cónsul no ano 138 a. C., dirixiu a campaña para estabilizar e castigar as tribos rebeldes do territorio ao norte do río Texo logo da morte de Viriato. Estableceu o seu cuartel nunha illa, identificada coa de Almourol, nas beiras do Texo, e fortificou Olisippo (Lisboa). No seu avance cara ao norte tivo que facer fronte a numerosos enfrontamentos coas poboacións locais. Fundou Valentia cos superviventes do exército de Viriato e estableceu unha posición fortificada en Viseu.

Xa como procónsul, no ano 137 a. C. cruzou o río Douro e entrou no territorio dos callaeci ou galaicos, arredor da actual O Porto, pero que deron nome a todos os pobos localizados máis ao norte, e chegou ao río Limia (Lethes). Ante a negativa dos seus soldados a cruzalo polo temor a perderen a memoria, Bruto cruzouno primeiro, e os seus soldados seguírono ao veren que chamaba por eles, e segundo conta Estrabón chegou ao río Miño.

O Senado romano concedeulle o título de Callaicus no 136 a. C.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]