Loucetios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na relixión celta, Loucetios (Latinizado como Leucetius) foi un deus dos galos identificado co romano Marte. Arredor dunha ducia de inscricións na súa honra foron atopadas, principalmente no leste da Galia, cunha particular concentración entre os vangiones (unha tribo do Rin). Mars Loucetios é acompañado por Nemetona. Foron atopadas inscricións adicadas a el en Bath e Angers.[1]

O nome Loucetios pode ser unha variación da raíz protoindoeuropeo *leuk- ("brillar"). Presumiblemente é análogo do osco Loucetius, "dador de luz", un epíteto de Xúpiter.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nicole Jufer & Thierry Luginbühl. 2001. Les dieux gaulois : répertoire des noms de divinités celtiques connus par l'épigraphie, les textes antiques et la toponymie. Editions Errance, Paris. pp.48-49
  2. J.P. Mallory and D.Q. Adams, Encyclopedia of Indo-European Culture (Taylor & Francis, 1997), p. 513.