Galacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"O Gálata moribundo"; estatua helenística, inspirada pola conquista de Galacia
Localización de Galacia en Anatolia

A antiga Galacia (grego Γαλατία) foi unha área das terras altas da península de Anatolia, na moderna Turquía. Galacia recibe o nome dos invasores galos chegados dende Tracia, que se estableceron alí e se converteron na caste dominante no século -III, seguindo a invasión celta dos Balcáns no -279. Tamén foi chamada a "Galia" do leste, xa que os historiadores romanos chamaron ós seus habitantes Galli (Galo ou Celta). Os termo gálatas é un exónimo, e o termo co que se denominaban a si mesmos é descoñecido.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Galacia estaba delimitada ó norte por Bitinia e Paflagonia, ó leste por Ponto e Capadocia, ó sur por Cilicia e Licaonia, e ó oeste por Frixia. A súa capital era Ancyra (i.e. Ankara, a capital de Turquía).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]