Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan José Campanella, director do filme gañador

Esta é unha lista dos filmes propostos na 82ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.[3] O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.[3]

Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2008 e o 30 de setembro de 2009.[3] En total, 67 países propuxeron filmes para a súa consideración, mais os filmes de Alxeria e Mongolia foron descualificados.

A lista curta de nove candidatos anunciouse o 20 de xaneiro de 2010[4] e os cinco candidatos (Alemaña, Arxentina, Francia, Israel e o Perú) anunciáronse o 2 de febreiro de 2010.[3][5] O filme arxentino El secreto de sus ojos de Juan José Campanella gañou o premio,[6] segundo filme arxentino que o conseguiu.

Propostas[editar | editar a fonte]

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
Albania Gjallë! Albanés Artan Minarolli Non nomeado
Alemaña Alemaña Das weiße Band Alemán Michael Haneke
Nomeado
Alxeria London River[7] Francés, inglés Rachid Bouchareb Descualificado
Armenia Hrashagortsi ashune Armenio Ruben Gevorkyants, Vahe Gevorkyants Non nomeado
Arxentina El secreto de sus ojos Castelán Juan José Campanella Premio da Academia
Australia Australia Samson and Delilah Warlpiri, inglés Warwick Thornton
Lista curta de xaneiro
Austria Austria Ein Augenblick Freiheit Inglés, persa, turco Arash T. Riahi Non nomeado
Bangladesh Britter Baire Bengalí Golam Rabbani Biplob Non nomeado
Bélxica Bélxica De Helaasheid der Dingen Neerlandés Felix van Groeningen Non nomeado
Bolivia Zona Sur Castelán, aimara Juan Carlos Valdivia Non nomeado
Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina Čuvari noći Serbocroata Namik Kabil Non nomeado
Brasil Salve Geral Portugués Sergio Rezende Non nomeado
Bulgaria Bulgaria Svetat e golyam i spasenie debne otvsyakade Búlgaro Stephan Komandarev
Lista curta de xaneiro
Canadá J'ai tué ma mère Francés Xavier Dolan Non nomeado
Casaquistán Kelin Sen diálogo Ermek Tursunov
Lista curta de xaneiro
República Checa República Checa Protektor Checo Marek Najbrt Non nomeado
Chile Dawson. Isla 10 Castelán Miguel Littin Non nomeado
China Mei Lanfang Mandarín Chen Kaige Non nomeado
Colombia Los viajes del viento Castelán Ciro Guerra Non nomeado
Corea do Sur Madeo Coreano Bong Joon-ho Non nomeado
Croacia Croacia Kenjac Croata Antonio Nuić Non nomeado
Cuba Los dioses rotos Castelán Ernesto Daranas Non nomeado
Dinamarca Dinamarca Frygtelig lykkelig Dinamarqués Henrik Ruben Genz Non nomeado
Eslovaquia Eslovaquia Nedodržaný sľub Eslovaco Jirí Chlumský Non nomeado
Eslovenia Eslovenia Pokrajina št. 2 Esloveno Vinko Moderndorfer Non nomeado
España España El baile de la Victoria Castelán Fernando Trueba Non nomeado
Estonia Estonia Detsembrikuumus Estoniano Asko Kase Non nomeado
Filipinas Ded na si Lolo Tagalo Soxie Topacio Non nomeado
Finlandia Finlandia Postia pappi Jaakobille Finés Klaus Härö Non nomeado
Francia Un prophète Francés Jacques Audiard
Nomeado
Grecia Grecia Oi sklavoi sta desma tous Grego Adonis Lykouresis Non nomeado
Hong Kong Lei wangzi Mandarín Yonfan Non nomeado
Hungría Hungría Kaméleon Húngaro Krisztina Goda Non nomeado
India India Harishchandrachi Factory Marathi Paresh Mokashi Non nomeado
Indonesia Jamila dan Sang Presiden Indonesia Ratna Sarumpaet Non nomeado
Irán Darbareye Elly Persa Asghar Farhadi Non nomeado
Islandia Islandia Reykjavík-Rotterdam Islandés Oskar Jonasson Non nomeado
Israel Ajami Árabe, hebreo Yaron Shani, Scandar Copti
Nomeado
Italia Italia Baarìa Siciliano Giuseppe Tornatore Non nomeado
Lituania Lituania Duburys Lituano, ruso Gytis Luksas Non nomeado
Luxemburgo Luxemburgo Réfractaire Francés Nicolas Steil Non nomeado
Macedonia do Norte Antiga República Iugoslava de Macedonia Ocas ještěrky Checo Ivo Trajkov Non nomeado
Marrocos Marrocos Casanegra Árabe Nour-Eddine Lakhmari Non nomeado
México El traspatio Castelán Carlos Carrera Non nomeado
Mongolia By the Will of Genghis Khan [8] Iacut, ruso e outras Andrei Borissov Descualificado
Noruega Noruega Max Manus Noruegués, alemán Joachim Rønning, Espen Sandberg Non nomeado
Países Baixos Países Baixos Oorlogswinter Neerlandés, alemán, inglés Martin Koolhoven
Lista curta de xaneiro
Perú La teta asustada Castelán, quechua Claudia Llosa
Nomeado
Polonia Polonia Rewers Polaco Borys Lankosz Non nomeado
Porto Rico Kabo y Platon Castelán Edmundo H. Rodríguez Non nomeado
Portugal Portugal Um Amor de Perdição Portugués Mário Barroso Non nomeado
Romanía Romanía Politist, adj. Romanés Corneliu Porumboiu Non nomeado
Reino Unido Reino Unido Afghan Star Dari, pashtu, inglés Havana Marking Non nomeado
Rusia Rusia Palata nomer shest Ruso Aleksandr Gornovsky, Karen Shakhnazarov Non nomeado
 Serbia Sveti Georgije ubiva azdahu Serbio Srdjan Dragojevic Non nomeado
Sri Lanka Alimankada Sita Sinhala Chandran Rutnam Non nomeado
Suecia Suecia De ofrivilliga Sueco Ruben Östlund Non nomeado
Suíza Suíza Home Francés Ursula Meier Non nomeado
Sudáfrica Suráfrica White Wedding Afrikaans, xosa, zulú, inglés Jann Turner Non nomeado
Tailandia Khwaam jam sun... Tae rak chan yao Tailandés Youngyooth Thongkonthun Non nomeado
Taiwán Bùnéng méiyǒu nǐ Hakka, hokkien, mandarín Leon Dai Non nomeado
Turquía Turquía Güneşi gördüm Turco Mahsun Kırmızıgül Non nomeado
Uruguai Mal día para pescar Castelán Álvaro Brechner Non nomeado
Venezuela Libertador Morales, el Justiciero Castelán Efterpi Charalambidis Non nomeado
Vietnam Đừng đốt Vietnamita Đặng Nhật Minh Non nomeado
Xapón Dare mo Mamotte Kurenai Xaponés Ryoichi Kimizuka Non nomeado
Xeorxia Xeorxia Gagma napiri Xeorxiano, abkhazo, ruso Giorgi Ovashvili Non nomeado

Controversias e cambios[editar | editar a fonte]

  • Os Países Baixos elixiron Wit Licht como a súa proposta oficial o 2 de setembro, mais a decisión foi apelada, xa que algúsn produtores neerlandeses consideraban que sería descualificada por ter demasiado diálogo en inglés.[9][10] O comité neerlandés consultouno ao comité da Academia o 21 de setembro para determinar se o país debería ser representado por outro filme. O comité chegou á conclusión de que o filme cumpría o requirimento de ter menos dun 50% de diálogo en inglés, polo que podería ser a proposta oficial.[11] Porén, a Academia concluíu que The Silent Army era de feito inelixíbel porque a versión enviada para os Óscar non era a mesma estreada nos cinemas dos Países Baixos. Finalmente, Oorlogswinter foi seleccionado como candidata neerlandesa.[12]
  • O comité de selección serbio votou orixinalmente por Tamo i ovde, ambientada en Belgrado e Nova York e cun elenco serbio e estadounidense. Tras consultar a Academia, Serbia cambiou a proposta porque o filme contiña máis dun 50% do diálogo en inglés.[13]
  • Sri Lanka anunciou que enviaría Akasa Kusum como candidata,[14] mais finalmente a proposta oficial foi Alimankada Sita.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. "History of the Academy Awards - Page 2". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 23 de xuño de 2008. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Special Rules for the Best Foreign Language Film Award". Rule Fourteen: Special Rules for the Makeup and Hairstyling Award. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 2011-06-23. Consultado o 2008-08-23. 
  4. "9 Foreign Language Films Advance in Oscar Race". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 20 de xaneiro de 2010. Consultado o 2010-01-20. 
  5. "List of Academy Awards Nominations". CNN.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2010. Consultado o 2010-02-02. 
  6. "Argentina's 'The Secret in Their Eyes' a thriller and thrilling win for Juan Jose Campanella". Los Angeles Times. 2010-03-08. Consultado o 2010-03-08. 
  7. "London River". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2021. 
  8. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2009. Consultado o 2009-10-01.  /
  9. Cooper, Sarah (2009-09-02). "The Silent Army selected as Dutch Oscar submission | News | Screen". Screendaily.com. Consultado o 2010-08-20. 
  10. Mundell, Ian (2009-09-03). "Dutch to reconsider Oscar choice". Variety. 
  11. "NOS Nieuws - Silent Army blijft Nederlandse Oscarinzending". Nos.nl. 2009-09-21. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2009. Consultado o 2010-08-20. 
  12. "Geen Wit Licht, maar Oorlogswinter naar Oscars | nu.nl/filmnieuws | Het laatste nieuws het eerst op". Nu.nl. Consultado o 2010-08-20. 
  13. Petkovic, Vladan (2009-09-23). "Serbia sends Saint George to do battle at the Oscars | News | Screen". Screendaily.com. Consultado o 2010-08-20. 
  14. "Academy Awards: foreign language entries | Calendar | Screen". Screendaily.com. 2009-09-18. Consultado o 2010-08-20. 
  15. "2010 Oscar Foreign Language Film Submissions Final". Consultado o 2022-03-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]