Fernando Trueba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fernando Trueba, nado en Madrid o 18 de xaneiro de 1955, é un director de cine español. É irmán do guionista, director e produtor David Trueba.

Biografía[editar | editar a fonte]

Iniciado como crítico de cine e guionista, deuse a coñecer coa súa primeira película, chamada oportunamente Ópera prima (1980), á que seguirían outras entre as que cabe salientar Sé infiel y no mires con quién (1985) protagonizada por Ana Belén, Carmen Maura e Antonio Resines entre outros.

Dirixiu para televisión a serie La mujer de tu vida, e en 1992 chegaría o gran éxito da súa película Belle Époque, que foi galardoada con tres premios Goya: mellor película, mellor director e mellor actriz (Ariadna Gil). En 1993 foi galardoada esta mesma co premio á mellor película estranxeira dos oscars dos EE.UU.

Posteriormente rodaría películas coma Two Much (1995) con Antonio Banderas e Melanie Griffith, La niña de tus ojos (1998), con Penélope Cruz, ou El embrujo de Shanghai (2003), onde traballou unha vez máis dirixindo a Ariadna Gil, a muller do seu irmán David.

O seu último traballo como director ata o momento foi o documental El milagro de Candeal (2004), coa participación do músico brasileiro Carlinhos Brown e centrada precisamente no lugar onde naceu este. Ten anunciado un próximo proxecto baixo o título Haunted Heart e previsto para o ano 2009.

Ten unha produtora, Fernando Trueba Producciones Cinematográficas S.A., responsable de varias das súas películas, así como das do seu irmán (como Obra Maestra, 2000 ou Bienvenido a casa, 2006) e doutros proxectos como a serie televisiva de Telecinco Ellas son así, emitida no ano 1999.

É autor do libro Dicionario de cine (1997) e está casado coa produtora Cristina Huete.

No que atinxe ao cinema galego, xa en 1976, antes, pois, de filmar a súa Ópera prima (1980), foi axudante de dirección d'O cadaleito, curtametraxe de Enrique R. Baixeras con guión do dramaturgo Francisco Taxes.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Película
2004 El milagro de Candeal
2002 El embrujo de Shanghai
2000 Calle 54
1998 La niña de tus ojos
1994 Two Much
1992 Belle Époque
1989 El sueño del mono loco
1986 El año de las luces
1985 Sé infiel y no mires con quién
1983 Sal gorda
1980 Opera prima

Premios[editar | editar a fonte]

Predecesor:
José María Gónzalez Sinde
Presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España
1988 - 1988
Sucesor:
Antonio Giménez-Rico

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]