Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (en inglés: Academy of Motion Picture Arts and Sciences, abreviada como AMPAS) é unha organización profesional norteamericana dedicada ó progreso das artes e das ciencias da cinematografía. Foi fundada o 11 de maio de 1927 en California.
A Academia está composta por 6.000 profesionais do mundo do cinema. Aínda que a maioría dos seus membros son estadounidenses, pertencen a ela famosos cineastas de todo o mundo. No 2004, a Academia admitira como membros a cualificadas personalidades do cine de 36 países.[1]
A Academia é principalmente coñecida polos denominados Academy Awards ("Premios da Academia"), coñecidos informalmente en tódolos países como Premios Óscar. A Academia concede tamén, anualmente, premios a estudantes de cinematografía, premios e bolsas a novos guionistas e rexe a Biblioteca Margaret Herrick en Beverly Hills, California e o Centro Pickford para o Estudo da Cinematografía en Hollywood, California.
O actual presidente da Academia americana do cine é Sid Ganis.
[editar] Ligazóns externas
- Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (Academy of Motion Picture Arts and Sciences)
- A Base de Datos Oficial de Gañadores e Nominados
- Biblioteca Margaret Herrick
- Arquivo dos Filmes da Academia. Pickford Center for Motion Picture Study