Filmes de Ecuador propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Ecuador presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 2000. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Propostas[editar | editar a fonte]
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Ecuador para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Director | Resultado |
---|---|---|---|
2000 (73ª) |
Sueños en la mitad del mundo | Carlos Naranjo Estrella | Non nomeado |
2004 (77ª) |
Crónicas | Sebastián Cordero | Non nomeado |
2013 (86ª) |
Mejor no hablar de ciertas cosas[6] | Javier Andrade | Non nomeado |
2014 (87ª) |
Silencio en la tierra de los sueños[7] | Tito Molina | Non nomeado |
2016 (89ª) |
Sin muertos no hay carnaval[8] | Sebastián Cordero | Non nomeado |
2017 (90ª) |
Alba | Ana Cristina Barragán | Non nomeado |
2018 (91ª) |
A Son of Man[9] | Jamaicanoproblem, Pablo Agüero | Non nomeado |
2019 (92ª) |
La mala noche[10] | Gabriela Calvache | Non nomeado |
2020 (93ª) |
Vacío[11] | Paúl Venegas | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Sumergible[12] | Alfredo León León | Non nomeado |
2022 (95ª) |
Lo invisible[13] | Javier Andrade | Non nomeado |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ El Nacional (ed.). "Ecuador busca estar en los Oscar con "Mejor no hablar de ciertas cosas"". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 6 de outubro de 2013.
- ↑ El Universal (ed.). "'Silencio en la tierra de los sueños', a los Óscar". Consultado o 30 de setembro de 2014.
- ↑ Salazar, Francisco (5 de outubro de 2016). Latin Post, ed. "Oscar 2017 Predictions: 'Such is Life in the Tropics' will Represent Ecuador at the Oscars". Consultado o 5 de outubro de 2016.
- ↑ Mango, Agustin (5 de setembro de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Ecuador Selects 'A Son of Man' for Foreign-Language Category". Consultado o 5 de setembro de 2018.
- ↑ El Telegrafo (ed.). "La mala noche representa a Ecuador para postular a premios Oscar y Goya". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2019. Consultado o 23 de agosto de 2019.
- ↑ "El filme 'Vacío' representará a Ecuador en la selección nacional de nominados al Oscar". El Comercio Ecuador. 12 de outubro de 2020. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Un 'Sumergible' ecuatoriano irá por el Premio Óscar y el Goya". Periodismo Público. 25 de agosto de 2021.
- ↑ "‘Lo Invisible’, a film by Ecuadorian Javier Andrade, is preparing to compete in the Oscars as a local selection". 247 News Agency. 25 de agosto de 2022. Consultado o 26 de agosto de 2022.