Filmes propostos ó mellor filme internacional na 47ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federico Fellini, director do filme gañador.

Os seguintes 19 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 47ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación da Arxentina, Francia, Hungría, Italia e Polonia. O galardón recaeu sobre Italia, co filme de Fellini Amarcord.[1]

A Unión Soviética escolleu un filme da República Kirguiz (coa maior parte do diálogo en ruso).

O Xapón presentou Kaseki, mais o filme non apareceu na lista oficial da AMPAS. É posible que o filme non fose proxectado.

Propostas[editar | editar a fonte]

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental Einer von uns beiden Alemán Wolfgang Petersen Non nomeado
Arxentina La tregua Castelán Sergio Renán
Nomeado
Bélxica Bélxica De loteling Neerlandés Roland Verhavert Non nomeado
 Brasil A Noite do Espantalho Portugués Sérgio Ricardo Non nomeado
 Bulgaria Posledno lyato Búlgaro Hristo Hristov Non nomeado
Checoslovaquia Checoslovaquia Milenci v roce jedna Checo Jaroslav Balík Non nomeado
Dinamarca Dinamarca Olsen-bandens sidste bedrifter Dinamarqués Erik Balling Non nomeado
 España La prima Angélica Castelán Carlos Saura Non nomeado
 Exipto Enslaved by the Past Árabe ?? Non nomeado
Francia Lacombe Lucien Francés Louis Malle
Nomeado
Hungría Hungría Macskajáték Húngaro Károly Makk
Nomeado
India India Garm Hava Urdú e hindi M. S. Sathyu Non nomeado
Italia Italia Amarcord Italiano Federico Fellini Premio da Academia
Iugoslavia Iugoslavia Derviš i smrt Serbocroata Zdravko Velimirović Non nomeado
México Calzonzin Inspector Castelán Alfonso Arau Non nomeado
Países Baixos Países Baixos Help, de dokter verzuipt! Neerlandés Nikolai van der Heyde Non nomeado
 Polonia Potop Polaco Jerzy Hoffman
Nomeado
Suíza Suíza Le Milieu du monde Francés Alain Tanner Non nomeado
 Unión Soviética Lyutyy Ruso Tolomush Okeyev Non nomeado
 Xapón Kaseki Xaponés Masaki Kobayashi Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. oscars.org (ed.). "The 47th Academy Awards (1975) Nominees and Winners". Consultado o 10 de decembro de 2011.