Filmes propostos ó mellor filme internacional na 60ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os seguintes 30 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 60ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Dinamarca, España, Francia, Italia e Noruega. O galardón recaeu sobre Dinamarca, co filme Babettes gæstebud.[1] O aclamado filme Der Himmel über Berlin de Wim Wenders, que foi presentado pola Alemaña Occidental, nin sequera foi nomeado malia ser un dos favoritos.

Indonesia presentou un filme por vez primeira, e Cuba fíxoo tamén logo dunha década sen facelo. A Unión Soviética presentou un filme en lingua xeorxiana (que foi producido en 1984 mais foi censurado ata 1987), a India escolleu un filme en támil, e Noruega escolleu o primeiro filme da historia rodado en saami setentrional.

Propostas[editar | editar a fonte]

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental Der Himmel über Berlin Alemán Wim Wenders Non nomeado
Arxentina Hombre mirando al sudeste Castelán Eliseo Subiela Non nomeado
Austria Austria Wohin und zurück - Teil 3: Welcome in Vienna Alemán Axel Corti Non nomeado
Bélxica Bélxica Les noces barbares Francés Marion Hänsel Non nomeado
 Brasil Um Trem para as Estrelas Portugués Carlos Diegues Non nomeado
Canadá Un Zoo la Nuit Francés Jean-Claude Lauzon Non nomeado
Checoslovaquia Checoslovaquia Smrt krásných srnců Checo Karel Kachyňa Non nomeado
China Fu rong zhen Chinés Xie Jin Non nomeado
Cuba Un hombre de éxito Castelán Humberto Solás Non nomeado
Dinamarca Dinamarca Babettes gæstebud Dinamarqués e francés Gabriel Axel Premio da Academia
España España Asignatura aprobada Castelán José Luis Garci
Nomeado
Finlandia Finlandia Lumikuningatar Finés Päivi Hartzell Non nomeado
Francia Au revoir les enfants Francés Louis Malle
Nomeado
Grecia Grecia Theofilos Grego Lakis Papastathis Non nomeado
Hungría Hungría Napló szerelmeimnek Húngaro Márta Mészáros Non nomeado
India India Nayakan Támil Mani Ratnam Non nomeado
Indonesia Nagabonar Indonesio M.T. Risyaf Non nomeado
Islandia Islandia Skytturnar Islandés Friðrik Þór Friðriksson Non nomeado
Israel I Don't Give a Damn Hebreo Shmuel Imberman Non nomeado
Italia Italia La Famiglia Italiano Ettore Scola
Nomeado
Iugoslavia Iugoslavia Već viđeno Serbocroata Goran Marković Non nomeado
México Lo que importa es vivir Castelán Luis Alcoriza Non nomeado
Noruega Noruega Ofelaš (Veiviseren) Saami setentrional Nils Gaup
Nomeado
Países Baixos Países Baixos Van geluk gesproken Neerlandés Pieter Verhoeff Non nomeado
Polonia Polonia Bohater roku Polaco Feliks Falk Non nomeado
Suecia Suecia Hip Hip Hurrah! Sueco Kjell Grede Non nomeado
Suíza Suíza Si le soleil ne revenait pas Francés Claude Goretta Non nomeado
Taiwán Osmanthus Alley Chinés Chen Kunhou Non nomeado
Unión Soviética Unión Soviética Repentance Xeorxiano Tengiz Abuladze Non nomeado
 Xapón Zegen Xaponés Shohei Imamura Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The 60th Academy Awards (1988) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 16 de agosto de 2015.