Filmes propostos ó mellor filme internacional na 29ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federico Fellini, director do filme gañador.

En 1956, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) dos Estados Unidos convidou individualmente a países a que presentasen os seus mellores filmes do ano para a inauguración do Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Nos anos anteriores, o galardón non era un premio regular e non existían nomeados, xa que o gañador era simplemente anunciado durante a cerimonia de entrega.

Oito países de Europa occidental e Asia oriental presentaron os seus filmes para a consideración do primeiro premio, e cinco deles foron escollidos como nomeados ó Óscar.

O gañador inaugural, La strada de Italia, foi anunciado na cerimonia dos Óscar, que se celebrou o 27 de marzo de 1957.[1]

Propostas[editar | editar a fonte]

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental Der Hauptmann von Köpenick Alemán Helmut Käutner
Nomeado
Dinamarca Dinamarca Qivitoq Dinamarqués Erik Balling
Nomeado
 España Tarde de toros Castelán Ladislao Vajda Non nomeado
 Filipinas Anak Dalita Tagalo Lamberto V. Avellana Non nomeado
Francia Gervaise Francés René Clément
Nomeado
Italia Italia La strada Italiano Federico Fellini Premio da Academia
Suecia Suecia Ratataa Sueco Hasse Ekman Non nomeado
 Xapón Biruma no tategoto Xaponés Kon Ichikawa
Nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The 29th Academy Awards (1957) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 2011-10-24.