Filmes propostos ó mellor filme internacional na 49ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Jacques Annaud, director do filme gañador.

Os seguintes 24 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 49ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Costa do Marfil, Alemaña Oriental, Francia, Italia e Polonia. O galardón recaeu sobre Costa do Marfil, co filme de Jean-Jacques Annaud La Victoire en chantant, converténdose no primeiro país subsahariano en presentar e gañar o galardón.[1] O filme non sería aceptado segundo as normas actuais, xa que tanto o director como a produción do filme eran maioritariamente franceses. Costa do Marfil non volveu presentar un filme nesta categoría até a 88ª edición dos premios, con Run.

O Xapón non presentou un filme por primeira e única vez na historia. Alemaña Oriental recibiu o seu único nomeamento con Jakob der Lügner.

Propostas[editar | editar a fonte]

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental Ansichten eines Clowns Alemán Vojtěch Jasný Non nomeado
Alemaña Democrática Alemaña Oriental Jakob der Lügner Alemán Frank Beyer
Nomeado
Arxentina Los muchachos de antes no usaban arsénico Castelán José A. Martínez Suárez Non nomeado
Bélxica Bélxica Rue Haute Francés André Ernotte Non nomeado
 Brasil Xica da Silva Portugués Carlos Diegues Non nomeado
Checoslovaquia Checoslovaquia Jeden stříbrný Checo Jaroslav Balík Non nomeado
 Costa do Marfil La Victoire en chantant Francés Jean-Jacques Annaud Premio da Academia
Dinamarca Dinamarca Olsen-banden ser rødt Dinamarqués Erik Balling Non nomeado
 España Cría cuervos Castelán Carlos Saura Non nomeado
 Exipto Alā man nutliq al-rusās Árabe Kamal El Sheikh Non nomeado
 Filipinas Ganito Kami Noon, Paano Kayo Ngayon? Tagalo Eddie Romero Non nomeado
Francia Cousin, Cousine Francés Jean-Charles Tacchella
Nomeado
 Hong Kong Yíng tái qì xuè Mandarín Han Hsiang Li Non nomeado
Hungría Hungría Az Ötödik pecsét Húngaro Zoltán Fábri Non nomeado
Italia Italia Pasqualino Settebellezze Italiano Lina Wertmüller
Nomeado
Iugoslavia Iugoslavia Izbavitelj Serbocroata Krsto Papić Non nomeado
México Longitud de guerra Castelán Gonzalo Martínez Ortega Non nomeado
Países Baixos Países Baixos Max Havelaar Neerlandés Fons Rademakers Non nomeado
 Polonia Noce i dnie Polaco Jerzy Antczak
Nomeado
 Romanía Osânda Romanés Sergiu Nicolaescu Non nomeado
Suecia Suecia Mina drömmars stad Sueco Ingvar Skogsberg Non nomeado
Suíza Suíza Jonas qui aura 25 ans en l'an 2000 Francés Alain Tanner Non nomeado
Taiwán Eight Hundred Heroes Mandarín Ting Shan-hsi Non nomeado
 Unión Soviética Oni srazhalis' za Rodinu Ruso Sergei Bondarchuk Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. oscars.org (ed.). "The 49th Academy Awards (1977) Nominees and Winners". Consultado o 25 de marzo de 2012.