Filmes de Indonesia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A directora indonesia Nia Dinata, cuxos filmes foron presentados en dúas ocasións para o Óscar ó mellor filme internacional.

Indonesia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez dende o ano 1987. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Até o ano 2022, vinte e catro filmes de Indonesia foron presentados para o Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles foi nomeado para o premio. O país tentou presentar un filme en 1988, mais a proposta foi descualificada por carecer de subtítulos en inglés.[5]

O único director indonesio que presentou máis dun filme nesta categoría foi Nia Dinata. Ca-bau-kan de Dinata foi a proposta de Indonesia na 75ª edición dos Óscar e Berbagi Suami na 79ª edición dos premios.[6][7]

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[8] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Indonesia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Director Resultado
1987
(60ª)
Nagabonar Risyaf, M.T.M.T. Risyaf Non nomeado
1989
(62ª)
Tjoet Nja' Dhien Djarot, ErosEros Djarot Non nomeado
1990
(63ª)
Langitku rumahku Rahardjo, SlametSlamet Rahardjo Non nomeado
1992
(65ª)
Bibir Mer Noer, Arifin C.Arifin C. Noer Non nomeado
1998
(71ª)
Daun di Atas Bantal Nugroho, GarinGarin Nugroho Non nomeado
1999
(72ª)
Sri Sumarno, MarselliMarselli Sumarno Non nomeado
2002
(75ª)
Ca-bau-kan Dinata, NiaNia Dinata Non nomeado
2003
(76ª)
Biola tak berdawai Asmara, Sekar AyuSekar Ayu Asmara Non nomeado
2005
(78ª)
Gie Riza, RiriRiri Riza Non nomeado
2006
(79ª)
Berbagi suami Dinata, NiaNia Dinata Non nomeado
2007
(80ª)
Denias Senandung Di Atas Awan de Rantau, JohnJohn de Rantau Non nomeado
2009
(82ª)
Jamila dan Sang Presiden Sarumpaet, RatnaRatna Sarumpaet Non nomeado
2010
(83ª)
Alangkah Lucunya (Negeri Ini)[9] Mizwar, DeddyDeddy Mizwar Non nomeado[10]
2011
(84ª)
Di Bawah Lindungan Ka'bah[11] Saputra, HannyHanny Saputra Non nomeado
2012
(85ª)
Sang Penari[12] Isfansyah, IfaIfa Isfansyah Non nomeado
2013
(86ª)
Sang Kiai[13] Prijanto, RakoRako Prijanto Non nomeado
2014
(87ª)
Soekarno: Indonesia Merdeka[14] Bramantyo, HanungHanung Bramantyo Non nomeado
2016
(89ª)
Surat dari Praha[15] Sasongko, Angga DwimasAngga Dwimas Sasongko Non nomeado
2017
(90ª)
Turah[16] Legowo, Wicaksono WisnuWicaksono Wisnu Legowo Non nomeado
2018
(91ª)
Marlina si Pembunuh dalam Empat Babak[17] Surya, MoulyMouly Surya Non nomeado
2019
(92ª)
Kucumbu Tubuh Indahku[18] Nugroho, GarinGarin Nugroho Non nomeado
2020
(93ª)
Perempuan Tanah Jahanam[19] Anwar, JokoJoko Anwar Non nomeado
2021
(94ª)
Yuni[20] Andini, KamilaKamila Andini Non nomeado
2022
(95ª)
Ngeri-Ngeri Sedap[21] Bene Dion Rajagukguk Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Harmetz, Aljean (21 de febreiro de 1989). The New York Times, ed. "Nomination Intricacies For Foreign-Film Oscar". 
  6. Honeycutt, Kirk (24 de novembro de 1998). "45 Nations Vying For Oscar". The Hollywood Reporter. Consultado o 19 de marzo de 2009. 
  7. Sneider, Jeff (19 de outubro de 2006). "Oscar race counts 61 countries". Variety. Consultado o 7 de xullo de 2008. 
  8. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  9. thewrap.com (ed.). "Italy Heads Latest Batch of Oscar Foreign Submissions". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2010. Consultado o 3 de outubro de 2010. 
  10. oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". Consultado o 19 de xaneiro de 2011. 
  11. oscars.org (ed.). "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2011. 
  12. variety.com (ed.). "Indonesia introduces Oscar to 'Dancer'". Consultado o 25 de setembro de 2012. 
  13. Merdeka (ed.). "'Sang Kiai' daftarkan diri di oscar 2014". Consultado o 8 de outubro de 2013. 
  14. AMPAS (ed.). "83 Countries In Competition For 2014 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  15. Simanjuntak, Tertiani (23 de setembro de 2016). The Jakarta Post, ed. "'Surat dari Praha' to represent Indonesia at Oscars". Consultado o 23 de setembro de 2016. 
  16. Jakarta Globe, ed. (19 de setembro de 2017). "'Turah' to Represent Indonesia at 2018 Oscars". Consultado o 19 de setembro de 2017. 
  17. Frater, Patrick (18 de setembro de 2018). Variety, ed. "Oscars: Indonesia Selects 'Marlina The Murderer' in Foreign-Language Category". Consultado o 18 de setembro de 2018. 
  18. The Jakarta Post (ed.). "'Memories of My Body' to represent Indonesia at 2020 Academy Awards". Consultado o 17 de setembro de 2019. 
  19. Hayati, Istiqomatul (10 de novembro de 2020). "Indonesia Resmi Ajukan Perempuan Tanah Jahanam dalam Penilaian Oscar". Tempo.co. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  20. "Film 'Yuni' Garapan Kamila Andini Terpilih Mewakili Indonesia di Ajang Piala Oscar 2022". Wartakota. 15 de outubro de 2021. 
  21. Cicilia, Maria (13 de setembro de 2022). Nurcahyani, Ida, ed. ""Ngeri-Ngeri Sedap" wakili Indonesia di Oscar" [Ngeri-Ngeri Sedap to represent Indonesia at the Oscars]. Antara. Consultado o 13 de setembro de 2022.