Lingua tagala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rexións onde predomina a lingua tagala.

O tagalo é unha lingua austronesia falada como primeira lingua por un cuarto da poboación das Filipinas e como segunda lingua por boa parte do resto dos seus habitantes.[1] É a lingua nativa da rexión IV (Calabarzón e Mimaropa), de Bucalán e da Gran Manila. A súa forma estandarizada recibe o nome de filipino e é a lingua nacional e de facto unha das dúas linguas oficiais canda o inglés, contando con 24.216.000 de falantes nativos, deles 21.500.000 nas Filipinas.[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Philippine Census, 2000. Table 11. Household Population by Ethnicity, Sex and Region: 2000
  2. Ethnologue