Filmes de Letonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Letonia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 1992. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Despois de acadar a independencia en setembro de 1991, Letonia presentou o seu primeiro filme para a consideración da Academia no ano 1992. Foi a comedia lixeira Cilvēka bērns, dirixida por Jānis Streičs.

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Letonia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Director Resultado
1992
(65ª)
Cilvēka bērns[6] Jānis Streičs Non nomeado
2008
(81ª)
Rīgas sargi Aigars Grauba Non nomeado
2010
(83ª)
Amaya[7] Māris Martinsons Non nomeado
2012
(85ª)
Golfa straume zem ledus kalna[8] Yevgeni Pashkevich Non nomeado
2013
(86ª)
Mammu, es tevi mīlu[9] Jānis Nords Non nomeado
2014
(87ª)
Akmeņi manās kabatās[10] Signe Baumane Non nomeado
2015
(88ª)
Modris[11] Juris Kursietis Non nomeado
2016
(89ª)
Ausma[12] Laila Pakalniņa Non nomeado
2017
(90ª)
Melānijas hronika[13] Viestur Kairish Non nomeado
2018
(91ª)
Turpinājums[14] Ivars Seleckis Non nomeado
2019
(92ª)
Tēvs Nakts[15] Dāvis Sīmanis Jr. Non nomeado
2020
(93ª)
Dvēseļu putenis Dzintars Dreibergs Non nomeado
2021
(94ª)
Bedre Pūces, DacesDaces Pūces Non nomeado[16]
2022
(95ª)
Janvāris Kairišs, ViestursViesturs Kairišs Non nomeado[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. Variety (ed.). "Foreign Oscar entries submitted". Consultado o 20 de setembro de 2015. 
  7. oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". Consultado o 19 de xaneiro de 2011. 
  8. Ambote, Sintija (26 de setembro de 2012). Latvijas Radio, ed. "Spēlfilmu "Golfa straume zem ledus kalna" izvirza "Oskara" nominācijai". Latvijas Radio. Consultado o 27 de setembro de 2012. 
  9. Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Latvia Nominates 'Mother I Love You' in Foreign Language Category". Consultado o 11 de setembro de 2013. 
  10. Hollywood Reporter (ed.). "Latvia nominates Rocks in My Pockets". Consultado o 16 de setembro de 2014. 
  11. LSM, ed. (17 de setembro de 2015). "Latvia's 'Modris' to compete for Academy Award". Consultado o 17 de setembro de 2015. 
  12. Holdsworth, Nick (23 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Latvia Selects 'Dawn' for Foreign-Language Category". Consultado o 23 de setembro de 2016. 
  13. Boyle, Tim (5 de setembro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Latvia Selects 'The Chronicles of Melanie' for Foreign-Language Category". Consultado o 5 de setembro de 2017. 
  14. LSM, ed. (3 de setembro de 2018). "Documentary to compete for Academy Award". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2018. 
  15. Holdsworth, Nick. The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Latvia Selects 'The Mover' for International Feature Category". Consultado o 16 de setembro de 2019. 
  16. "Latvija 'Oskara' balvai virzīs Daces Pūces filmu 'Bedre'" [Latvia to submit Dace Pūce's film 'Pit' to the Oscars] (en letón). Delfi. 20 de outubro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 20 October 2021. Consultado o 20 de outubro de 2021. 
  17. "Latvija izvirza „Oskara” balvas konkurencei Viestura Kairiša filmu „Janvāris”". National Film Centre of Latvia. Consultado o 2 de setembro de 2022.