Filmes propostos ó mellor filme internacional na 30ª edición dos Óscar
Os seguintes 12 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 30ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Francia, India, Italia, Noruega e Alemaña Occidental. Italia gañou o premio co filme de Federico Fellini Le notti di Cabiria, un drama sobre unha prostituta de Roma que busca en van o amor verdadeiro.[1]
O documental mexicano Torero!, non conseguiu obter un nomeamento nesta categoría pero si foi nomeado na de mellor documental.[1]
A dinamarquesa Annelise Hovmand converteuse na primeira muller directora cun filme proposto nesta categoría.
Propostas[editar | editar a fonte]
País | Título | Lingua(s) | Director(es) | Resultado |
---|---|---|---|---|
Alemaña Occidental | Nachts, wenn der Teufel kam | Alemán | Robert Siodmak | Nomeado
|
Dinamarca | Ingen tid til kærtegn | Dinamarqués | Annelise Hovmand | Non nomeado |
España | Calle Mayor | Castelán | Juan Antonio Bardem | Non nomeado |
Francia | Porte des Lilas | Francés | René Clair | Nomeado
|
Grecia | I limni ton pothon | Grego | Giorgos Zervos | Non nomeado |
India | Mother India | Hindi | Mehboob Khan | Nomeado
|
Italia | Le notti di Cabiria | Italiano | Federico Fellini | Premio da Academia |
México | Torero! | Castelán | Carlos Velo | Non nomeado |
Noruega | Ni Liv | Noruegués | Arne Skouen | Nomeado
|
Suecia | Det sjunde inseglet | Sueco | Ingmar Bergman | Non nomeado |
Taiwán | Amina | Mandarín | Yuan Congmei | Non nomeado |
Xapón | Arakure | Xaponés | Mikio Naruse | Non nomeado |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 oscars.org (ed.). "The 30th Academy Awards (1958) Nominees and Winners". Consultado o 25 de outubro de 2011.