Linguas quechuas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingua quechua")
Quechua (Qhichwa Shimi / Runa Shimi)
Falada en: Perú, Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia e Ecuador (inmigrantes en Brasil, España, Estados Unidos, Francia, México, Canadá, Italia e Xapón)
Rexións do planeta:
Total de falantes:

14.000.000

  • Nativos: 9.600.000
  • Outros: 4.400.000
Posición: 83a
Familia lingüística: Familia Quechua
Status oficial
Lingua oficial de: Perú, Bolivia, Colombia e Ecuador.
Regulada por: Non regulado
Codificacións
ISO 639-1 qu
ISO 639-2 que
Véxase tamén: Linguas románicasLingua
Distribución da lingua quechua

O quechua é unha familia de linguas que teñen unha orixe común, o protoquechua, que se falou nun territorio dos Andes próximo da costa do Peru. Ten o rango de lingua oficial en Perú, Ecuador e Bolivia; conta tamén cuns centos de falantes en Colombia e na Arxentina. En total hai dez millóns de falantes.

[editar] Características

Dentro da gran diversidade das súas variantes, o quechua caracterízase por comprender linguas moi regularmente aglutinantes cunha orde gramatical variábel. O seu gran número de sufixos muda tanto o significado das palabras por completo como os matices do significado. Algunhas características gramaticais notábeis inclúen a conxugación bipersoal (os verbos concordan co suxeito e o obxecto), evidencialidade (indicación da fonte e a veracidade do coñecemento expresado), unha partícula de tópico e sufixos que indican quen se beneficia dunha acción e da actitude do falante ao respecto, aínda que algunhas linguas e variedades poden carecer dalgunhas destas características.

A identificación das linguas que conforman esta familia foi controvertida por mor de que non todas estas variedades son mutuamente intelixíbeis. Dende mediados do século XVII, estendeuse o mito de que o quechua é un só idioma, onde o quechua falado no Cuzco (naquel entón, o quechua clásico) sería a lingua por excelencia e as demais variedades, meras corrupcións desta. A evidencia lingüística contemporánea contradí frontalmente esta crenza, pois o quechua clásico non é a orixe de todas as variedades da familia quechua senón que existen outras variedades moito máis antigas ca esta.

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Linguas quechuas.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas