Fillos de Galicia
Fillos de Galicia é un portal e comunidade virtual que se enfoca na cultura galega e a súa diáspora. O sitio, nacido en 1997[1], trata de unir e promover a relación entre os galegos e os seus descendentes arredor do mundo. A comunidade ofrece diversos contidos e servizos, como recursos para aprender a lingua galega ou atopar familiares en Galicia ou na emigración usando o Atopadoiro. Fillos.org é un dos webs máis populares no que respecta ao Pangaleguismo, a Galicia e máis especificamente á súa diáspora. Dende setembro de 2010 Fillos forma parte de Blogaliza [2]
Índice |
Historia [editar]
Fillos de Galicia foi lanzado en 1997 por Manuel Casal Lodeiro, fillo de emigrantes galegos. Dende a súa concepción, o portal vén medrando de forma continua en número de visitas e de usuarios rexistrados (chamados membros da comunidade virtual). A asociación tamén lanzou algúns webs derivados sobre temas especificos.
Estatísticas [editar]
En 2009 superaronse os 6.700 usuarios rexistrados na comunidade, que proceden de máis de 70 países distintos. A maior parte dos usuarios están entre os 30 e 60 anos de idade. Máis de 1.500 usuarios viven en Arxentina, e tamén hai poboacións considerábeis no estado español e Brasil. Máis da metade dos usuarios rexistrados son galegos ou fillos de galegos. Máis dunha cuarta parte son netos de galegos. De todos os usuarios, unha pequena parte (chamados socios) pagan una cuota por formar parte da Asociación Cultural Fillos de Galicia, entidade legal responsábel de Fillos.org.
As visitas ao portal rondaron no ano 2009 350.000, cunha media mensual aproximada de 1.500.000 páxinas vistas e 30.000 visitas.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Galeguidade (portal para organizacións galegas polo mundo)
- Planeta Galego (medio de comunicación da diáspora galega)
- Parcelaria Virtual pola Cultura Galega (iniciativa de captación de fondos)
- eTIqueTAL (servizo de contactos persoais mediante etiquetas)
- Debulla (bookmarking social en galego tipo Web 2.0)
- Nomes galegos (dicionario de nomes galegos)
- Fillos de Galicia