Castries

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castries
Mapa
Saint Lucia-CIA WFB Map.png
Información
País Flag of Saint Lucia.svg Santa Lucía
Distrito Distrito de Castries
Superficie 79 km2
Poboación 61.341 (2001)
Densidade 776,5 h/km²
Alcalde  ? ?
Entrada da baía e porto de Castries

Castries é a capital de Santa Lucía. É o centro comercial do país, e o seu porto é un dos máis importantes das Antillas. Castries foi fundada polos franceses en 1650, e o nome procede de Charles Eugène Gabriel de la Croix, marqués de Castries.

Castries é unha pequena cidade de apenas 12.904 habitante, segundo estimacións de 2006, aínda que a área urbana xa superaba os 35.000 no 2001. O distrito homónimo acadaba 61.341 habitantes no ano 2001.

Índice

[editar] Xeografía

A capital do país érguese na costa noroeste da illa. Situada nunha chaira que se alaga con facilidade, Castries estase a desenvolver sobre pólders. Urbanisticamente está trazada cun plano hipodámico ou en dameiro, ben que a escala reducida, en relación con megalópoles como New York, que tamén o teñen. A súa situación nunha baía, dótaa dun porto moi seguro, que permite acoller buques de todo tipo.

[editar] Servicios e infraetruturas

A cidade é a sede do goberno. Acolle os despachos das compañías comerciais importantes, tanto locais como internacionais. No porto hai, como no resto da cidade, almacéns de comercio en datalle, así co restaurantes, supermercados e outras insatalacións de comerciais. Taxis e buses fornecen un bon servizo de transporte. Alberga tamén os servizos centrais de comunicacións.

Castries posúe o aeroporto George F. L. Charles para vóos con outras illas caribeñas. O aeroporto internacional de Hewanorra está sito no sur da illa, perto da localidade de Vieux Fort.

[editar] Diocese

Castries é a sede do arcebispado do mesmo nome, polo que posúe a catedral da Inmaculada Concepción.

[editar] Personalidades de Castries

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas