Xoán IX, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán IX, papa
Nacementoc. 840
Lugar de nacementoTívoli
Falecemento5 de xaneiro de 900
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Pedro
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico e escritor
Período898 a 900
Coñecido porser o papa n° 116 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Tivoli-2 Find a Grave: 8822787 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xoán IX, nado en Tívoli e finado en Roma o 5 de xaneiro de 900, foi Papa da Igrexa católica de 898 a 900.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Abade dun mosteiro beneditino, Xoán foi elixido papa co apoio de Lamberto de Spoleto o que lle permitiu vencer ao outro candidato que optaba á elección, Serxio, que foi excomungado e expulsado da cidade, o cal non lle impediría, anos máis tarde acceder ao trono pontificio como Serxio III.

Durante o seu pontificado convocou un concilio en Rávena no que finalizado a tarefa iniciada por o seu predecesor, rehabilitouse definitivamente ao papa Formoso ao que, no chamado “Concilio do cadáver”, se lle someteu a xuízo tras exhumar o seu corpo.

En dito concilio decretouse que a elección papal, para ser válida, debía realizarse en presenza dun representante do emperador e recaer sobre un membro do clero romano. Así mesmo prohibiu o costume de saquear os palacios dos bispos ou do Papa trala súa morte.

Declarou inválida a consagración de Arnulfo como emperador e coroou, no seu lugar, ao seu protector Lamberto.

Faleceu o 5 de xaneiro de 900 sendo enterrado no adro da Basílica de San Pedro.

Predecesor:
Teodoro II
Papa
898900
Sucesor:
Bieito IV

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.