Arnulfo de Carintia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arnulfo de Carintia
Arnulf Korutanský.jpg
Nacementoc. 850
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento8 de decembro de 899
Lugar de falecementoRatisbona
CausaIctus
SoterradoSt. Emmeram e St. Emmeram's Abbey, Regensburg
Ocupaciónmonarca
PaiCarlomán de Baviera
NaiLiutswinde
CónxuxeOta
FillosLuís IV de Alemaña, Ratold d'Italie, Zuentiboldo, Ellinrat e Glismut
Na rede
WikiTree: Carolingian-108
Arnulf signum 890.png
editar datos en Wikidata ]

Arnulfo de Carantania (en alemán Arnulf von Kärnten), nado arredor de 850 e finado en Ratisbona o 8 de decembro de 899, foi margrave de Carantania, rei da Francia Oriental e de Lotarinxia e emperador carolinxio (ou de Occidente).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Arnulfo foi fillo natural do rei Carlomán e de nai eslovena, Litswinde, filla do conde Eberhard de Carantania (Carintia), de onde lle vén o seu sobrenome.

Despois de ser deposto o seu tío o emperador Carlos III o Gordo, converteuse en rei da Francia Oriental e de Lotarinxia (887).

Obtivo unha vitoria fronte aos viquingos na batalla de Lovaina en setembro de 891. Arnulfo invadiu Italia no ano 896. Co seu regreso a Alemaña en 896, Arnulfo descubriu que a súa mala saúde implicou que fose incapaz de tratar cos problemas referentes ao seu reinado. Italia perdeuse e cabaleiros de Moravia e Hungría estaban a saquear as súas terras continuamente; ademais, a Lotarinxia estaba en rebelión contra o seu fillo Zuentiboldo.[1][2] Tamén se viu afectado pola ascendente violencia e as loitas de poder entre a baixa nobreza alemá.[3]

No ano 898, o emperador Lamberto foi derrotado por Berengario de Friúl que cobizaba o trono de Italia e morreu asasinado. Vacante o título imperial, Arnulfo logrou ser designado emperador.

O 8 de decembro de 899 Arnulfo de Carintia morreu en Ratisbona e sucedeuno como rei da Francia Oriental o seu fillo Luís IV, o Neno, que tivo coa súa esposa Ota (f. 903).[4] Cando o seu único fillo lexítimo, Luís o Neno, morreu en 911 á idade de 17 ou 18 anos, a rama oriental (alemá) da casa de Carlomagno deixou de existir. Arnulfo fixo que a nobreza tamén recoñecese os dereitos dos seus fillos ilexítimos Zuentiboldo e Ratoldo como sucesores seus. Zuentiboldo, a quen fixera rei de Lotarinxia en 895, seguiu gobernando alí ata o ano seguinte (900).

Arnulfo está enterrado na basílica de santo Emmeram en Ratisbona, que actualmente se coñece como Schloss Thurn und Taxis, o palacio dos príncipes de Thurn und Taxis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Duckett, páx. 30
  2. Duckett, páx. 33
  3. Duckett, páx. 36
  4. Mann IV, páx. 100

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]