Bieito IV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bieito IV, papa
Nacementoséculo IXxuliano
Lugar de nacementoRoma
Falecementoxullo de 903
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Pedro
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico, escritor e bispo católico
Períodoentre o 900 e o 903
Coñecido porser o papa n° 117 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Bieito IV, nado en Roma e finado en xullo de 903, foi o 117ª Papa da Igrexa católica, de 900 a 903.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun nobre romano chamado Mammalus, foi ordenado presbítero polo Papa Formoso e elixido Papa cando o trono do Sacro Imperio Romano Xermánico se atopaba vacante desde que no ano anterior, 899, Lamberto II de Spoleto falecera nun accidente ecuestre.

Aínda que Berenguer I, rei de Italia, reclamou o título imperial para si, o elixido foi Lois III o Cego ao que Bieito IV, no acto máis significativo do seu pontificado, coroou como emperador coa esperanza de conseguir apoio contra a invasión húngara no norte de Italia e a sarracena no sur. Dita esperanza foi va xa que Lois, derrotado por Berenguer, foi cegado e desterrado a Provenza.

Bieito IV, falto de apoios, quedou en mans de persoeiros como Teofilacto I, a súa esposa Teodora e a filla de ambos os dous, Marozia, que dominaron aos Papas durante os seguintes anos.

Durante o seu pontificado excomungou a Balduíno II de Flandres, acusándoo de instigar o asasinato de Fulquerio de Reims, o arcebispo de Reims.

Frodoardo, un historiador contemporáneo de Bieito IV, deulle o título de "Grande", gabando a súa xenerosidade e celo.

Faleceu en xullo de 903 e foi soterrado fronte a San Pedro, cerca da porta de Guido.

Predecesor:
Xoán IX
Papa

900903
Sucesor:
León V

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.