Teodoro II, papa
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Teodoro II, papa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 840 e valor descoñecido |
Lugar de nacemento | Roma |
Falecemento | 20 de decembro de 897 |
Lugar de falecemento | Roma |
Causa | envelenamento |
Soterrado | Basílica de San Pedro |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | político, clérigo e sacerdote católico |
Período | decembro do 697 |
Coñecido por | ser o papa n° 115 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Teodoro II, nado en Roma e finado na mesma cidade en decembro de 897, foi o Papa n.º 115 da Igrexa católica. O seu pontificado durou tan só vinte días, e finou presuntamente envelenado.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xa durante o seu papado, apareceron na beira do río Tíber os restos do papa Formoso, que foran exhumados para a celebración do concilio do cadáver e botados ao río durante o papado de Estevo VI. Despois, foron devoltos á súa tumba da Basílica de San Pedro.
Teodoro II convocou un sínodo, no que se anularon formalmente todas as decisións de Estevo VI, devolvéronse os seus dereitos aos eclesiásticos ordenados por Formoso e que Estevo considerara nulos, e ordenouse destruír as actas do mencionado concilio do cadáver.
Os numerosos partidarios da familia Spoleto, contrarios ás disposicións tomadas por Teodoro, intentaron impor a Serxio, conde de Túsculo, como papa, o que non acadarían até 904, cando ocupou a cadeira de San Pedro como Serxio III.
![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |