Antonio Pérez Rodríguez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1969 Vilar de Lebres |
| 2010 – 2018 (inhabilitación para cargos públicos) ← Isaac Vila – Manuel López Casas → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de León |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Xinzo de Limia |
| Ocupación | político, asesor fiscal |
| Partido político | Partido Popular |
| Membro de | |
Antonio Pérez Rodríguez, nado en Vilar de Lebres (Trasmiras) en 1969, é un político galego do PPdeG
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio e é diplomado en Empresariais pola Universidade de León. É asesor fiscal. Foi tenente de alcalde e concelleiro de tráfico polo PPdeG en Xinzo de Limia e deputado provincial dende 2007. O 1 de xullo de 2010 foi proclamado presidente do Partido Popular de Xinzo de Limia. O 11 de outubro de 2010 Isaac Vila dimitiu como alcalde de Xinzo ante o pleno municipal e Antonio Pérez resultou elixido como novo alcalde[1]. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a lista do PPdeG que gañou por maioría absoluta, volvendo ser elixido alcalde. Nas municipais de 2015 foi novamente reelixido con maioría absoluta. O 21 de marzo de 2018 Pérez foi condenado polo Xulgado Penal de Ourense por prevaricación e inhabilitado durante 8 anos e medio, motivo polo que se viu obrigado a presentar a súa dimisión como concelleiro e rexedor do concello,[2] polo que foi substituído por Manuel López Casas.[3]
| Predecesor: Isaac Vila |
Alcalde de Xinzo de Limia 2010 - 2018 |
Sucesor: Manuel López Casas |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Antonio Pérez, nuevo alcalde de Xinzo de Limia
- ↑ F., L. (6 de abril de 2018). "Xinzo celebra pleno extraordinario para elixir novo alcalde tras a dimisión de Pérez". Faro de Vigo. Consultado o 6 de abril de 2018.
- ↑ "Manuel López Casas é o novo alcalde Xinzo". Consultado o 7 de abril de 2018.