Victorino Quintana Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVictorino Quintana Vázquez
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor em Wikidata
Chantada, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de decembro de 1939 Editar o valor em Wikidata (22/23 anos)
Vilelos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCampelo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsCarlos Quintana Vázquez Editar o valor em Wikidata

Victorino Quintana Vázquez, coñecido como Campelo, nado en Chantada cara a 1916 e finado en Vilelos (O Saviñao) o 17 de decembro de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Arcos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e formou parte do grupo de guerrilleiros que actuaba no suroeste da provincia de Lugo, principalmente no concello de Chantada, comandados por Salvador Valcárcel Montenegro. Participou no asalto á sucursal do Banco Pastor en Chantada. O grupo desfíxose trala morte pola Garda Civil de Salvador Valcarcel e outros dous guerrilleiros da partida en Adá o 11 de abril de 1939.[1] Foi xulgado en Lugo na causa 812/38 e declarado en rebeldía. Foi requirido polo Xulgado Militar de Vigo en decembro de 1939 xunto con Jesús López Suárez e Benjamín Argiz Fiunte.[2] Foi asasinado en Vilelos ás 7 horas do 17 de decembro de 1939.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado". Consultado o 04 de agosto de 2020. 
  2. El Pueblo Gallego, 16-12-1939, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]